Posts Tagged ‘ Rafael Rodríguez Villarino ’

Os socialistas analizarán nun encontro en Ourense os retos demográficos da UE

Diversos cargos  socialistas galegos falarán de demografía xunto ós eurodeputados Iratxe García e José Blanco; ó alcalde de Soria e o conselleiro de Presidencia do Principado de Asturias. As catedráticas Mercedes Molina e María Xosé Rodríguez Galdo, e o profesor Alberto Saco, participarán nunha mesa de debate sobre políticas públicas para a recuperación demográfica

Analizaranse os retos demográficos da Unión Europea, centrándose na economía e a poboación no ámbito rexional, nun encontro que terá lugar na cidade de Ourense, durante a mañá do vindeiro venres 11 de maio no restaurante San Miguel.

Nesta xornada estruturada en torno a unha conferencia e dúas mesas de debate, participarán dous deputados no Parlamento Europeo; expertos en cuestións demográficas, económicas e xeográficas; cargos socialistas de institucións públicas doutras provincias de España; e membros do PSdeG-PSOE.

A inauguración da xornada correrá a cargo do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; do eurodeputado, José Blanco; e do secretario provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. A conferencia inicial centrada nas estratexias de loita contra a despoboación en Europa, vai ser impartida pola eurodeputada e presidenta da delegación socialista española na UE, Iratxe García. Será presentada por Marina Ortega, secretaria de políticas sociais dos socialistas galegos.

A primeira mesa de debate porá o foco nos factores explicativos da poboación e a actividade económica. Moderada por Alexia Guede, secretaria de demografía da executiva provincial de Ourense, contará coa participación do alcalde de Soria, Carlos Martínez; do conselleiro de Presidencia do Principado de Asturias, Guillermo Martínez; e do portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga.

A segunda mesa centrará o debate na incertidume e as políticas públicas para a recuperación demográfica, e será moderada pola deputada galega, Noela Blanco. No debate participarán a catedrática de xeografía humana da Universidade Complutense de Madrid, Mercedes Molina; o profesor de socioloxía da Universidade de Vigo, Alberto Saco; e a catedrática de historia e institucións económicas e membro do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, María Xosé Rodríguez Galdo. Por último, a clausura da xornada estará en mans de Pablo Arangüena, vicesecretario xeral e portavoz do PSdeG-PSOE.

Solicitamos en numerosas ocasións á Unión Europea, unha estratexia efectiva fronte ó cambio demográfico, así como o recoñecemento dos territorios que sofren este problema. Non  debemos esquecer que toda Galicia e, especialmente, a provincia de Ourense, son unha das rexións de toda Europa con maior taxa anual de despoboamento e con peor taxa anual de fertilidade, só superada –en negativo– por algunha provincia de Castela e León, a illa de Cerdeña e algunha rexión de Grecia.

Unha das propostas recollidas no último informe dos socialistas europeos sobre despoboamento, pasa por aumentar a eficacia dos fondos europeos nas zonas con problemas demográficos. Ese documento expón unha batería de medidas para que, na aplicación dos instrumentos da futura política de cohesión, tamén se teñan en conta os desafíos demográficos das rexións. Así, o informe reclama maior coordinación entre os instrumentos das distintas políticas europeas, e solicita a creación dunha estratexia sobre o cambio demográfico, así como un marco xurídico europeo que recoñeza especificamente todos os territorios que sofren desvantaxes demográficas.

Consulta o programa a continuación:

 

Acto PSOE 11 mayo retos demograficos Ourense

PSdeG-PSOE de Ourense e UGT celebran o primeiro encontro previo ó Foro polo cambio social e coinciden na necesidade de realizar cambios urxentes na provincia

Rafael Rodríguez Villarino, Mario Franco e Óscar Vázquez intercambiaron os seus pareceres e conclusións nun clima de cordialidade durante máis de dúas horas

Os dirixentes sindicais subliñaron que a UGT desenvolve un amplo labor reivindicativo a través das súas federacións, que conta con persoal especializado

WhatsApp Image 2018-02-16 at 10.45.55

 

Ourense, 16 de febreiro de 2018. O PSdeG-PSOE de Ourense e UGT celebraron o primeiro encontro previo ó ‘Foro polo cambio social’, unha importante iniciativa política coa que os socialistas queren crear sen demora, unha fronte común para acabar co secuestro caciquil da provincia. Na reunión, o secretario provincial dos socialistas, Rafael Rodríguez Villarino; o secretario provincial de UGT, Mario Franco; e o secretario de organización de administración de UGT, Óscar Vázquez, intercambiaron análises e coincidiron na necesidade de realizar cambios urxentes na provincia.

A reunión estivo precedida dunha solicitude de entrevista realizada dende o Partido Socialista, e estendeuse nun clima de cordialidade durante máis de dúas horas. Ambas organizacións analizaron a preocupante situación provincial e coincidiron na necesidade de realizar cambios con urxencia. Neste senso, apuntáronse os problemas e as potenciais solucións do agro, da industria, dos servizos, do termalismo, do transporte metropolitano, da prevención e extinción de lumes, dos maiores, da demografía ou das oportunidades de futuro para a mocidade, entre outros.

Os dirixentes sindicais subliñaron que a UGT desenvolve un amplo labor reivindicativo a través das súas federacións, que conta con persoal especializado na capitalidade autonómica e que está disposta a formular propostas concretas que axuden a mudar as escuras perspectivas de futuro de Ourense. Sumar, formular solucións alternativas e actuar en positivo foron expresións que se repetiron ao longo das exposicións de Franco e Vázquez. A xuntanza rematou co agradecemento do secretario provincial do PSdeG pola aceptación da visita, polo frutuoso intercambio de ideas e pola disposición a abrir unha canle de colaboración co partido socialista e con outros axentes sociais que consolide un foro permanente orientado ó cambio social na provincia de Ourense.

O Foro polo cambio social organizado polo PSdeG-PSOE pretende unificar forzas con outras formacións políticas progresistas, entidades sociais, empresariais e culturais, co fin de solicitar fondos públicos para fomentar o desenvolvemento da provincia, antes de que Ourense se converta definitivamente nun buraco negro sen futuro.

 

Os e as socialistas de Ourense, frontalmente en contra do ataque ás pensións do PP

Os e as socialistas de Ourense –única provincia con máis pensionistas que traballadores– están frontalmente en contra do ataque ás pensións do goberno de Mariano Rajoy, executivo que segue encaramado á súa apisoadora de demolición das prestacións e servizos públicos. E, por iso, membros da executiva provincial do PSdeG-PSOE achegáronse hoxe á concentración convocada por UGT e CCOO ante a subdelegación do Goberno da capital, na que se reclamaron pensións e salarios dignos.

manifestacion pensions 01

A secretaria provincial de Política Social, Ofelia Puente, denuncia a “regresión” do sistema de pensións desde que o PP volveu á Moncloa e recorda que “unhas pensións dignas requiren de empregos dignos con salarios decentes”. “É fundamental impulsar unha revalorización anual das pensións acorde á evolución do custo da vida e non do 0’25 actual que o PP pretende impoñer pola forza, que nunha provincia como Ourense con máis pensionistas que traballadores, terá especial incidencia entre as persoas, unha vez máis, para empeorar todo” asegura, ademais de recordar a necesaria derrogación da nociva reforma laboral do ano 2011.

Hai que lembrar que o Congreso aprobou esta semana unha iniciativa socialista para crear un imposto sobre as transaccións financeiras, que serviría para reforzar o sistema público de pensións.

manifestacion pensions 02

O PSdeG-PSOE proporá a creación dun batallón da UME na provincia de Ourense que crearía un milleiro de postos de traballo estables

O secretario xeral, Rafael Rodríguez Villarino, formulou esta proposta durante un encontro mantido co subdelegado de Defensa de Ourense, quen mostrou o seu apoio á iniciativa

O establecemento deste batallón da UME daría lugar a tres importantes funcionalidades: extinción de incendios, mellora do emprego e loita contra o despoboamento

WhatsApp Image 2018-02-14 at 16.36.09

 

Ourense, 14 de febreiro de 2018. O PSdeG-PSOE de Ourense proporá a creación dun batallón da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na cidade de Ourense, unha iniciativa que crearía en torno a un milleiro de postos de traballo. A proposta, que conta co respaldo da Subdelegación da Defensa da terceira cidade de Galicia, permitiría darlle un importante impulso á economía e a demografía de toda a provincia. O secretario xeral, Rafael Rodríguez Villarino, formulou esta iniciativa durante un encontro mantido hoxe mércores co coronel, Gustavo Doncel Paredes, subdelegado de Defensa, quen amosou a súa coincidencia respecto da conveniencia desta nova estrutura militar para Ourense. Durante unha reunión cordial, subliñouse que o establecemento do batallón da UME daría lugar a tres importantes funcionalidades: extinción de incendios, mellora do emprego e loita contra o despoboamento.

A primeira delas relaciónase coa extinción de lumes na provincia máis castigada de España; unha provincia, ademais, que limita co norte de Portugal onde o problema é igualmente grave, e con quen España asinou recentemente unha addenda de colaboración en materia de incendios. Unha segunda utilidade pasaría polo fomento do emprego e o afrontamento do despoboamento nunha provincia sen grandes oportunidades laborais e que camiña cara a súa extinción sociodemográfica. A terceira funcionalidade práctica derívase da fixación no entorno da capital de Ourense dos 1.000 postos de traballo estables da UME, que xunto coas súas respectivas familias, inxectarían un grande balón de osíxeno ó comercio e á economía.

Os socialistas van traballar nas vindeiras semanas para seguir afondando neste necesario proxecto, co fin de determinar os terreos e inversións que se precisan. A iniciativa será trasladada dende o PSdeG-PSOE provincial ó Parlamento de Galicia, para que inste ó Goberno Central a realizar unha auténtica discriminación positiva de Ourense, que se xustifica en razóns de seguridade provincial, rexional e de cooperación con Portugal; necesidades de desenvolvemento; e impulso económico e demográfico.

O secretario provincial dos socialistas agradece o compromiso do coronel Doncel Paredes cunha provincia necesitada de proxectos que xeneren verdeiras expectativas de futuro para a súa xente. Ademais, abre unha liña de comunicación permanente con todos os axentes institucionais, organizativos e sociais de Ourense e a súa contorna.

O PSdeG-PSOE de Ourense crea unha secretaría de Memoria Histórica para reforzar a loita contra o fascismo que aínda quere sepultar a historia

Fortalecerase o traballo coas agrupacións locais, coas Xuventudes Socialistas e con asociacións irmáns que xa traballan neste ámbito para honrar ás vítimas e ás súas familias

O socialismo ourensán foi sempre moi activo neste eido, se ben a maior parte das accións nacían da iniciativa persoal que agora se verá reforzada desde a estrutura orgánica do partido

WhatsApp Image 2018-02-09 at 13.14.43 (1)

Ourense, 9 de febreiro de 2018. O PSdeG-PSOE de Ourense crea unha secretaría de Memoria Histórica para recoñecer ás vítimas e reforzar a loita contra o fascismo, que aínda quere sepultar a verdade sobre o secuestro da democracia española durante catro décadas. É unha obriga moral do partido render tributo ós homes e mulleres que sufriron, dun ou doutro modo, as consecuencias da barbarie fascista desde 1936. Debemos lembrar que na provincia foron asasinadas máis de 500 persoas por defender a democracia. En toda Galicia a cifra ascende a 4.000, pero moitas máis foron perseguidas, ocultadas ou expulsadas.

De feito, o PSdeG-PSOE ourensán foi sempre moi activo neste eido, se ben a maior parte das súas accións nacían da iniciativa persoal de militantes e cargos orgánicos ou electos –concelleiros e alcaldes fundamentalmente–comprometidos. Actos de rehabilitación da memoria de Manuel Suárez Castro, ou Castor Sánchez Martínez e a corporación republicana de Amoeiro e, incluso máis recentemente, a declaración a prol da honorabilidade da masonería aprobada polos concellos socialistas de Amoeiro, Barbadás, Carballiño e Coles, –únicos en toda Galicia en facelo– son algúns exemplos. Agora dáse un paso máis para reforzar esta importante labor.

O secretario xeral, Rodríguez Villarino, destacou a importancia da Lei de Memoria Histórica porque “a recuperación da memoria é de todos”. “É unha lei bloqueada polo PP. É vergoñento e por iso é hora de que actuemos ante o que foi vilipendiado e pisoteado”, denunciou xusto despois de recordar que se trata da segunda secretaría deste tipo que se crea na comunidade galega.

Francisco Javier Quintas, que é o novo secretario de Memoria Histórica dos socialistas de Ourense, destacou que queren “recoller testemuñas e dignificalas” e, para iso, van ir da man con “asociacións irmáns como a UXT, as Xuventudes Socialistas e a Fundación Luís Tilve, para crear sinerxias”. Quintas destacou que van traballar especialmente con Xuventudes e as agrupacións locais do partido “para chegar ás vítimas e ás familias, porque tralo golpe de estado, moitas quedaron na indixencia polo mero feito de defender a democracia”. “Creamos un blog [ourensesocialista.blogspot.com] para envorcar a información e darlle difusión. Será tamén un punto de unión e un canal de difusión dos logros do PSOE neste ámbito”, relatou antes de concluír que “podemos aprender moito e non debemos permitir esquecer o que sucedeu”.

Unha das ferramentas máis importantes será o blog, que funcionará como principal elemento difusor e como punto de encontro das persoas interesadas. Ademais das habituais entradas, o espazo web conta con outras seccións como efemérides socialistas, dicionario do socialismo ourensán, eventos ou lecturas recomendadas. A acción difusora verase reforzada cun perfil na máis importante rede social, así como no espazo web do PSdeG-PSOE provincial.

O secretario de Xuventudes Socialistas(XXSS), Adrián Borrajo, destacou que os máis novos do partido “estamos comprometidos porque é a mellor forma de construír o estado de dereito e debemos recoñecer ós que deron a vida pola democracia”. “Queda moito por facer porque, desde que chegou Rajoy á Moncloa, presumiu de ser un gran demócrata a pesar de deixar nas cunetas ás persoas que deron a vida pola democracia”, denunciou. XXSS defende a derrogación da Lei de Amnistía que impide xulgar ós responsables da ditadura, así como a penalización do enaltecemento do franquismo e o fascismo.

Por último, o xornalista Xosé Lois Carrión destacou que “non é momento de falar de bos e malos porque o que se pretende é chamar as cousas polo seu nome” e salientou que “non é ningunha vinganza” porque se pretende “saber a historia real da persecución”. Pola súa banda, David Simón, presidente de Amigos da República, aseverou que a súa asociación “leva traballando 20 anos en todo o que ten que ver coa recuperación da memoria histórica” con todo tipo de perfís e persoas, celebrou que os socialistas poñan en marcha esta nova etapa, e dixo que espera “unha época de colaboración e intercomunicación”.

A executiva provincial do PSdeG-PSOE destaca o importante consenso acadado na elaboración da nova comisión executiva local da cidade de Ourense

Este acordo integrador de todas as sensibilidades políticas, sen dúbida, foi posible grazas ó favorecemento do consenso e ó fortalecemento interno que impulsa a nova directiva provincial

Unha reunión interparlamentaria con representantes do Congreso, Senado, Parlamento Galego e Deputación Provincial permitirá traballar de forma conxunta e unificada para mellorar Ourense

WhatsApp Image 2018-02-02 at 18.37.34

 

Ourense, 2 de febreiro de 2018. A executiva provincial do PSdeG-PSOE destaca o importante consenso acadado na formación da nova comisión executiva local da cidade de Ourense. Despois dun intenso proceso de diálogo e debate, as diferentes sensibilidades políticas que xa confluíran no III congreso provincial, foron quen de lograr un acordo que beneficiará ós socialistas e ós ourensáns. Este acordo, sen dúbida, foi posible grazas ó favorecemento do consenso e ó fortalecemento interno que impulsa a nova executiva socialista. Desde a directiva provincial recordan que no congreso sentáronse as bases dun novo tempo no socialismo na provincia –agora tamén reflectido na directiva local na terceira cidade de Galicia–, que se caracteriza polo acordo, a integración e o respecto. Desta forma, o PSdeG-PSOE de Ourense fortalécese e poderá retomar o seu papel como elemento clave na dinamización política, económica e social dunha provincia secuestrada polo clientelismo político do PP.

Neste mesmo senso de unificación e traballo conxunto, os socialistas mantiveron a primeira reunión interparlamentaria. Participaron o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada no Congreso, Rocío de Frutos Madrazo; o senador no Senado, Luís García Mañá; a deputada no Parlamento de Galicia, Noela Blanco Rodríguez; o deputado na Deputación Provincial, Francisco Fraga Civeira, e outros membros da comisión executiva provincial.

A interparlamentaria permitiu fortalecer a cohesión e o coñecemento interno dos distintos cargos públicos; a posta en común dos perentorios problemas que afectan a Ourense; e establecer unha “folla de ruta” para coordinar accións conxuntas nas diferentes institucións parlamentarias nas que os socialistas teñen presenza. Estas reunións terá continuidade con encontros regulares nos vindeiros meses, para consolidar así unha liña de actuación neste novo tempo socialista, co fin de sacar a Ourense do buraco no que o PP o meteu desde hai tres décadas.

O PSdeG-PSOE de Ourense presenta o “Foro polo Cambio Social” para crear unha fronte común coa que tombar o secuestro caciquil da provincia

“Ou facemos algo de inmediato ou botamos o telón e dicimos que neste buraco estaba Ourense”, aseverou Rodríguez Villarino tras recordar os 31 anos de “inacción” e secuestro “caciquil” do PP

 

O portavoz na Deputación salientou a necesidade de “acabar cos repartos a dedo” de Baltar e o portavoz municipal na terceira cidade de Galicia denunciou que “o PP vaille moi ben con esta situación”

 

WhatsApp Image 2018-01-31 at 10.38.47

 

Ourense, 31 de xaneiro de 2018. O PSdeG-PSOE de Ourense presentou hoxe o ‘Foro social polo cambio’, unha importante iniciativa política coa que o partido quere crear sen demora, unha fronte común e unificada para acabar co secuestro caciquil da provincia. Este foro pretende unificar forzas con outras formacións políticas progresistas, entidades sociais, empresariais e culturais, co fin de solicitar fondos públicos para fomentar o desenvolvemento da provincia, antes de que Ourense se converta definitivamente nun buraco negro sen futuro, tráxica situación que so lle interesa ó PP.

O secretario xeral, Rafael Rodríguez Villarino, asegurou que “non somos unha provincia de interior; somos unha provincia inferior sen ningún plan de futuro, e os culpables son os que levan 31 anos de inactividade e caciquismo”. “Isto non pode seguir así e salvar Ourense é un imperativo ”, dixo antes de recordar que “perdemos unha media de nove habitantes por día”. O secretario xeral dos socialistas explicou que vai contactar “con todos e todas” para “explicar a proposta co fin de sacar á provincia do estado terminal no que se atopa”, e destacou que o plan do ‘Foro social polo cambio’ ten un calendario de inicio –hoxe mesmo– pero non unha data de fin, porque hai que traballar intensamente con todos os que se queiran sumar. “Ou facemos algo de inmediato ou botamos o telón e dicimos que neste buraco estaba Ourense”, aseverou Rodríguez Villarino.

Pola súa banda, o portavoz socialista na Deputación, Francisco Fraga Civeira, recordou que é “obvia” a necesidade de mudar esta situación “porque cada día somos máis vellos e máis dependentes” por culpa “do caciquismo que ten como fin único a súa propia supervivencia”. “Os socialistas queremos unha Deputación que axude ós concellos e que poña fin ó actual reparto clientelar que unicamente nos leva a desaparecer”, reclamou. Queremos rematar cos pagos para presumir de ser os máis transparentes ou os máis tuiteros, para poder presumir de que Ourense ten moito futuro”, salientou Fraga.

O portavoz municipal na terceira cidade de Galicia, José Ángel Vázquez Barquero, destacou que “nos últimos anos, a área urbana de Ourense, ó contrario do que debería ser, tamén perde poboación aínda que sexa de forma atenuada” e, segundo relatou, “isto ten causas económicas, pero sobre todo é pola falta de políticas activas por parte do PP, que pemitan construir futuro”. O voceiro municipal recordou que cando gobernaban os socialistas adicábanse tres millóns de euros a estas políticas activas de emprego. “Ó PP vaille moi ben con esta situación”, denunciou Vázquez Barquero tras recordar que iniciativa pública mediante proxectos que o PP quere pisotear, como a nova estación intermodal, son claves para vestir de futuro á provincia.

Os socialistas de Ourense únense á loita da Plataforma en Defensa do castelo de Monterrei tralas aberrantes obras de formigonado dun camiño real

Acudiron á concentración convocada o 28 de xaneiro ante as obras aberrantes de formigonado realizadas pola Xunta de Galicia no camiño medieval que rodea a fortaleza

“O uso indebido e innecesario deste ben público e actuacións danosas co patrimonio, son xeitos de facer política só amparados polo curtopracismo e afalta de valores do PP”, denuncia a executiva

WhatsApp Image 2018-01-29 at 10.18.33

Ourense, 29 de xaneiro de 2018. A executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense amosou onte o seu público apoio á Plataforma pola Defensa do Castelo de Monterrei. O secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, e o secretario de organización, Juan Carlos Francisco Rivera, acompañaron ó alcalde socialista de Verín, Gerardo Seoane, e ás numerosas persoas que participaron na concentración como repulsa á unha nova vexación deste emblemático conxunto monumental: o formigonado do camiño medieval que rodea á fortaleza.

O apoio da dirección provincial do partido enmárcase nas accións desenvolvidas durante os últimos anos por esta plataforma, coa finalidade de recuperar o carácter público dunha construción emblemática secuestrada polas políticas do PP. E que, na actualidade, o monumento é un ben privativo do que só poden desfrutar os acaudalados hóspedes que se aloxan no que agora é unha instalación hoteleira que resulta, ademais, inxustificable debido á existencia, a só uns metros, dun parador nacional erixido nos anos 60 que, nin por asomo, cubre o seu aforo. De feito, está pechado durante longas temporadas.

“O uso indebido e innecesario deste ben público e actuacións danosas co patrimonio senlleiro galego como o vergoñento formigonado, son xeitos de facer política só amparados polo curtopracismo e a ausencia de valores públicos que caracterizan ó Partido Popular”, denuncia a executiva do PSdeG-PSOE. Os socialistas aseguran que “a fortaleza é unha construción singular cun alto valor extratéxico no eido cultural e turístico, que debe ser utilizada pola cidadanía co debido respecto patrimonial, así como con miras ó seu aproveitamento público e ó desenvolvemento de toda a comarca”.

Finaliza o noso 3º Congreso coa elección dos órganos provinciais

 

imagen web

Velaquí os listados dos novos órganos provinciais elixidos hoxe:

Comisión Executiva Provincial:

Sº Xeral: Rafael Rodríguez Villarino
Vicesecretario de Relacións Institucionais: Álvaro Vila Araújo
Sº de Organización: Juan Carlos Francisco Rivera
Sª de Política Municipal: Susana Rodríguez Estévez
Sª de Acción Electoral: Diego Fernández Nogueira
Sª de Igualdade: Zaida Rodríguez Camba
Sª de Economía: Xosé Carlos Valcárcel Doval
Sª de Política Social: Ofelia Puente Carracedo
Sª de Memoria Histórica: Francisco Javier Quintas Ferreño
Sª de Formación: Estela Estrada Mosquera
Sª de Medio Ambiente: José Antonio Pérez Domínguez
Sª de Educación: María Alida Iglesias Gil
Sª de Sanidade: Emilio González Afonso
Sª de Activismo, Movementos Sociais e Diversidade: Andrea Carballo Nóvoa
Sª de Infraestruturas e Ordenación Do Territorio: Federico Pérez Mato
Sª de Cultura: Isabel Salgado Parada
Sª de Novas Tecnoloxías: Manuel Rego López
Sª de Dereitos e Liberdades: Susana Rodríguez Rodríguez
Sª de Demografía e Despoboamento: María Alexia Guede Fernández
Sª de Xustiza: José Javier García Gago
Sª de Traballo: Beatriz Domínguez Rodríguez
Sª de Medio Rural: José Alberto Martínez Morales
Sª de Emigración e Inmigración: Luís Gulín Iglesias
Sª de Industria e Comercio: María Jesús Miranda Cortés
Sª de Administración e Función Pública: José Antonio Corral Álvarez
Sª de Turismo e Patrimonio: Antón Alonso Suárez
Sª de Deportes: José Nicanor Muñoz Palacios
Sª Executiva: Sara Inés Vega Núñez
Sª Executiva: Antonio González Fiuza
Sª Executiva: Laura Requejo González
Sª Executiva: Juan Manuel Quintas Lorenzo
Sª Executiva: Rosa María Outerelo Baca
Sª Executiva: María Ángeles Álvarez Ramos
Sª Executiva: José Luís Rodríguez Ferrer
Sª Executiva: Benigno Rodríguez Rodríguez
Sª Executiva: Berta Rodríguez Pérez
Sª Executiva: Rafael Pérez Martínez
Sª Executiva: Juan Carlos Martínez Iglesias
Sª Executiva: José Rodríguez Gómez
Sª Executiva: Aurentino Alonso Araújo

Membros do Comité Provincial elixidos polo Congreso:

1. Laura Carmen Seara Sobrado
2. Manuel Rodríguez Vázquez
3. Teresa Taboada Capón
4. Álvaro de Castro Palomares
5. Carmen Figueiral Iglesias
6. Antonia Álvarez Veiga
7. Marcos Rodríguez Parada
8. Miguel Fidalgo Areda
9. Rosario Rodríguez Delgado
10. Miguel Ángel Rodríguez Ojea
11. Marina Tallón Núñez
12. Germán Aurelio García Ávila-Arias
13. María Jesus Boo Montes
14. Enrique Camoeiras Rodríguez
15. Jesusa Rodríguez Castro
16. Wilson Jones Romero
17. Beatriz Rodríguez Bóveda
18. Aníbal Nocelo Valencia
19. Aída González Fernández
20. María Ángeles Fernández Villarino
21. José Luís Rodríguez Dobaño
22. Margarita Pérez Fernández
23. José Carlos Rivera Gil
24. Dolores Cernada Gallego
25. Gelasio Bernárdez Bugueiro
26. Maria Rajo Martínez
27. Edmundo González Nóvoa
28. Maria Aída Rodríguez Vázquez
29. Enrique Álvarez Santana
30. Aidita Menor Vila
31. Adrián Varela Vázquez
32. Ana Maria Pereira Saborido
33. Santiago Barja Barja
34. Natividad Pérez Corzo
35. Ángel Barba Alonso
36. Rosa María Pérez Yáñez

Comisión Provincial de Ética:

- Presidente: Adolfo Pérez Abellás
- Camilo Ocampo Gómez
- Marina Estévez González
- Mónica Vázquez Blanco
- Francisco Magide Pizarro

Comision Provincial de Control Económico:

- Presidente: Pablo Lorenzo Dorado
- José Luis González
- Rubén López Rodríguez
- Michely de Oliveira Souza
- Eva Maldonado González

Comisión Electoral Provincial:

- Marina Tallón Núñez
- Benigno Rodríguez Rodríguez
- Antonia Álvarez Veiga
- Adolfo González Nóvoa
- Francisco Quintas Grande

A nosa Agrupación Provincial clausurou este mediodía o seu 3º Congreso ordinario, no que Rafael Rodríguez Villarino, vencedor das Primarias, foi proclamado Secretario Xeral dos socialistas na provincia.

Neste proceso congresual, celebrado no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da cidade, no que participaron máis de duascentas cincuenta persoas, entre delegados/as e convidados/as, acreditáronse 71 delegados. As porcentaxes de aprobación coas que foron refrendados os novos órganos do partido son os seguintes:

- Comisión Executiva Provincial: 68,5 % (50 votos a favor, 23 brancos, 0 nulos)
- parte de elección polo Congreso do Comité provincial: 63,3 % (45 a favor, 26 brancos, 0 nulos)
- Comisión Provincial de Ética: 66,1 % (47 a favor, 24 brancos, 0 nulos)
- Comisión Provincial de Control Económico: 64,7 % (46 a favor, 25 brancos, 0 nulos)

Durante a súa primeira intervención, Rodríguez Villarino, tivo palabras de lembranza para algúns destacados compañeiros do socialismo ourensán, e apelou ó “diálogo” co fin de “fortalecer” o PSdeG en Ourense. Na segunda intervención, xa durante a clausura de congreso, afirmou que a nova Executiva “é de todos e de todas porque somos servidores do partido e da cidadanía”. “Os que estamos na executiva e os demais compañeiros e compañeiras do partido, debemos estar xuntos para transformar esta provincia clientelar e, por iso, imos conseguir te-la primeira Deputación socialista da historia de Ourense”, anunciou. “Non temos medo e imos saír ás rúas para convencer e emocionar ás persoas de que hai unha alternativa”, dixo Rodríguez Villarino xusto antes de lembrar que “xa acabaron as nosas loitas internas porque a xente está esperando por nós”.