Posts Tagged ‘ primarias ’

Dous militantes socialistas achegan os avais necesarios para concorrer ás eleccións primarias á alcaldía de Ourense

Elena Rosa de Prada Creo e José Ángel Vázquez Barquero presentaron ambos os dous o número máximo de avais permitido pola normativa que regula o procedemento de primarias

 Tras unha campaña de información entre o 9 e o 17 de novembro, a xornada de votación dos candidatos e candidatas proclamados terá lugar o vindeiro domingo 18 de novembro

Promo calendario primarias 2018

Ourense, 5 de novembro de 2018. Finalizado o prazo do que dispoñían os precandidatos e precandidatas para a recollida e presentación de avais (como mínimo o 5 % do censo de militantes), nas eleccións primarias ás alcaldías de municipios de máis de 20.0000 habitantes, as persoas que cumpriron este trámite en tempo e forma son as seguintes:

Municipio de Ourense:

-      José Ángel Vázquez Barquero

Avais presentados: 62
Avais validados: 62

-      Elena Rosa de Prada Creo

Avais presentados: 62
Avais validados: 62

Logo do correspondente procedemento de verificación que tivo lugar esta tarde, a proclamación provisional de candidatos e candidatas é a seguinte:

-      José Ángel Vázquez Barquero
-      Elena Rosa de Prada Creo

 Rematada esta etapa, tras un período de información á militancia entre o 9 e o 17 de novembro, a xornada de votación terá lugar o domingo 18 de novembro. A votación en segunda volta, no caso de ser necesaria, sería unha semana máis tarde, o domingo 25 novembro.

Resultados provisionais da segunda volta das Primarias á Secretaría Xeral Provincial

Concluído o proceso de escrutinio da segunda volta das primarias, celebrada o 30 de decembro de 2017, para elixi-la Secretaría Xeral da Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, producíronse os seguintes resultados:

- Votos emitidos: 1.030
- Votos en branco: 14 (1,36%)
- Votos nulos: 1 (0,10%)
- Votos a Rafael Rodríguez Villarino: 663 (64,37%)
- Votos a Noela Blanco Rodríguez: 352 (34,17%)

Á vista dos mesmos, a Comisión Nacional de Ética, sendo as 21:10 horas do día 30 de decembro de 2017, tendo en conta o previsto nos artigos 41.1 do Regulamento Federal de Congresos, 5.1.b.i., dos Estatutos Federais, e o apartado 4.9 da convocatoria do proceso congresual, proclama, provisionalmente, os citados resultados e Secretario Xeral da Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense a:

RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO

E para que así conste ós efectos oportunos, asina esta proclamación provisional o Presidente da Comisión Nacional de Ética, Jorge Parada Mejuto.

Resultados provisionais da primeira volta das Primarias á Secretaría Xeral Provincial

Concluído o proceso de escrutinio da primeira volta das primarias, celebradas o 17 de decembro de 2017, para elixir a Secretaría Xeral da Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, producíronse os seguintes resultados:

- Votos emitidos: 1.088
- Votos en branco: 12 (1,10%)
- Votos nulos: 6 (0,55%)
- Votos a Rafael Rodríguez Villarino: 427 (39,25%)
- Votos a Noela Blanco Rodríguez: 336 (30,88%)
- Votos a Manuel Vázquez Fernández: 307 (28,22%)

Á vista dos mesmos, a Comisión Nacional de Ética, sendo as 21.22 horas, do día 17 de decembro de 2017, tendo en conta o previsto no artigo 5 1. b) i) dos Estatutos Federais e na convocatoria do proceso congresual, proclama, provisionalmente, os citados resultados e as candidaturas que pasan á segunda volta das primarias, a celebrar o 30 de decembro de 2017, para elixir a Secretaria Xeral da Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, e que son as seguintes:

- RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO

- NOELA BLANCO RODRÍGUEZ

E para que así conste ós efectos oportunos, asina esta proclamación provisional o Presidente da Comisión Nacional de Ética, Jorge Parada Mejuto.

 

Desglose por centros de votación dos resultados das candidaturas:

 

Centro de votación Rafael Rodríguez Villarino % Noela Blanco Rodríguez % Manuel ‘Pachi’ Vázquez Fernández %
Amoeiro 27 96,43% 1 3,57% 0 0,00%
Bande 1 4,34% 16 69,57% 6 26,09%
Barbadás 18 66,67% 9 33,33% 0 0,00%
Barco de Valdeorras, O 12 34,29% 17 48,57% 6 17,14%
Carballeda de Avia 0 0,00% 19 95,00% 1 5,00%
Carballiño 6 4,51% 19 14,29% 108 81,20%
Castrelo do Val 3 15,79% 1 5,26% 15 78,95%
Castro Caldelas 4 23,53% 9 52,94% 4 23,53%
Celanova 27 64,29% 0 0,00% 15 35,71%
Entrimo 0 0,00% 23 100,00% 0 0,00%
Maceda 0 0,00% 2 16,67% 10 83,33%
Mezquita, A 5 35,71% 6 42,86% 3 21,43%
Muíños 5 38,46% 6 46,15% 2 15,39%
Ourense C.E.P. 30 58,82% 17 33,33% 4 7,84%
Ourense cidade 200 51,55% 100 25,77% 88 22,68%
Parada de Sil 0 0,00% 6 100,00% 0 0,00%
Ribadavia 5 7,94% 57 90,48% 1 1,58%
Rúa, A 4 28,57% 7 50,00% 3 21,43%
Verín 36 65,45% 2 3,64% 17 30,91%
Viana do Bolo 1 7,69% 5 38,46% 7 53,85%
Vilamartín de Valdeorras 5 45,45% 6 54,55% 0 0,00%
Vilardevós 0 0,00% 1 6,67% 14 93,33%
Xinzo de Limia 38 79,17% 7 14,58% 3 6,25%
TOTAL 427 39,91% 336 31,40% 307 28,69%

Relación alfabética das Agrupacións Municipais con cadanseus centros de votación nas Primarias á Secretaría Xeral Provincial de decembro do 2017

AGRUPACIÓN MUNICIPAL Nº DE CENTRO DE VOTACIÓN NOME DO CENTRO DE VOTACIÓN HORARIO LOCALIZACIÓN
Allariz 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Amoeiro 2 AMOEIRO 16:00 – 20:00h. Casa da Cultura de Amoeiro
Arnoia 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Avión 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Baltar 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Bande 3 BANDE 16:00 – 20:00h. Concello de Bande, 1º andar. Bande
Baños de Molgas 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Barbadás 4 BARBADÁS 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Areal 19. Barbadás
Barco de Valdeorras, O 5 O BARCO DE VALDEORRAS 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ferrol 8. 32300 O Barco de Valdeorras
Beade 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Beariz 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
Boborás 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
Bola, A 10 CELANOVA 16:00 – 20:00h. Local R/ Castor Elices nº16 Baixo. 32800 Celanova
Carballeda de Avia 6 CARBALLEDA DE AVIA 16:00 – 20:00h. Centro Social de Santo Estevo de Novoa. Carballeda de Avia
Carballiño 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
Cartelle 10 CELANOVA 16:00 – 20:00h. Local R/ Castor Elices nº16 Baixo. 32800 Celanova
Castrelo de Miño 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Castrelo do Val 8 CASTRELO DO VAL 16:00 – 20:00h. Biblioteca do Concello. 32625 Castrelo do Val
Castro Caldelas 9 CASTRO CALDELAS 16:00 – 20:00h. R/ Concello. 32760 Castro Caldelas
Celanova 10 CELANOVA 16:00 – 20:00h. Local R/ Castor Elices nº16 Baixo. 32800 Celanova
Cenlle 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Chandrexa de Queixa 9 CASTRO CALDELAS 16:00 – 20:00h. R/ Concello. 32760 Castro Caldelas
Coles 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Cortegada 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Cualedro 20 VERÍN 16:00 – 20:00h. Sede socialista Avda. de Portugal 18 Baixo. 32600 Verín
Entrimo 11 ENTRIMO 16:00 – 20:00h. Lugar de Santa María a Real, 32. 32860 Entrimo
Esgos 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Gomesende 10 CELANOVA 16:00 – 20:00h. Local R/ Castor Elices nº16 Baixo. 32800 Celanova
Gudiña, A 14 A MEZQUITA 16:00 – 20:00h. Vivendas dos Maestros 32549. A Mezquita
Irixo, O 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
Larouco 19 A RÚA 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Cervantes 11. 32350 A Rúa
Laza 8 CASTRELO DO VAL 16:00 – 20:00h. Biblioteca do Concello. 32625 Castrelo do Val
Leiro 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Lobeira 3 BANDE 16:00 – 20:00h. Concello de Bande, 1º andar. Bande
Lobios 3 BANDE 16:00 – 20:00h. Concello de Bande, 1º andar. Bande
Maceda 13 MACEDA 16:00 – 20:00h. Casa do Concello – local socialista. 32700 Maceda
Manzaneda 9 CASTRO CALDELAS 16:00 – 20:00h. R/ Concello. 32760 Castro Caldelas
Maside 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
Melón 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Merca, A 10 CELANOVA 16:00 – 20:00h. Local R/ Castor Elices nº16 Baixo. 32800 Celanova
Mezquita, A 14 A MEZQUITA 16:00 – 20:00h. Vivendas dos Maestros 32549. A Mezquita
Montederramo 9 CASTRO CALDELAS 16:00 – 20:00h. R/ Concello. 32760 Castro Caldelas
Monterrei 20 VERÍN 16:00 – 20:00h. Sede socialista Avda. de Portugal 18 Baixo. 32600 Verín
Muíños 15 MUÍÑOS 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Otero Pedrayo. 32880 Muíños
Nogueira de Ramuín 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Oímbra 20 VERÍN 16:00 – 20:00h. Sede socialista Avda. de Portugal 18 Baixo. 32600 Verín
Os Blancos 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Ourense cidade 16 OURENSE CIDADE (xornada completa) Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Paderne 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Padrenda 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Parada de Sil 17 PARADA DE SIL 16:00 – 20:00h. Bar Pilar Prz. do Barquilleiro. 32740 Parada de Sil
Pereiro de Aguiar 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Peroxa, A 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Petín 19 A RÚA 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Cervantes 11. 32350 A Rúa
Piñor 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
Punxín 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
Quintela de Leirado 10 CELANOVA 16:00 – 20:00h. Local R/ Castor Elices nº16 Baixo. 32800 Celanova
Rairiz de Veiga 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Ramirás 10 CELANOVA 16:00 – 20:00h. Local R/ Castor Elices nº16 Baixo. 32800 Celanova
Ribadavia 18 RIBADAVIA 16:00 – 20:00h. Sede socialista Prz. Maior s/n. 32400 Ribadavia
Riós 20 VERÍN 16:00 – 20:00h. Sede socialista Avda. de Portugal 18 Baixo. 32600 Verín
Rúa, A 19 A RÚA 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Cervantes 11. 32350 A Rúa
Rubiá 5 O BARCO DE VALDEORRAS 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ferrol 8. 32300 O Barco de Valdeorras
San Amaro 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
San Cibrao das Viñas 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
San Ciristovo de Cea 7 CARBALLIÑO (xornada completa) Sede socialista R/ Rosalía de Castro, local B-1º. 32500 Carballiño
Sandiás 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Sarreaus 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Taboadela 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Teixeira, A 9 CASTRO CALDELAS 16:00 – 20:00h. R/ Concello. 32760 Castro Caldelas
Toén 4 BARBADÁS 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Areal 19. Barbadás
Trasmiras 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Trives 9 CASTRO CALDELAS 16:00 – 20:00h. R/ Concello. 32760 Castro Caldelas
Veiga, A 5 O BARCO DE VALDEORRAS 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ferrol 8. 32300 O Barco de Valdeorras
Verea 3 BANDE 16:00 – 20:00h. Concello de Bande, 1º andar. Bande
Verín 20 VERÍN 16:00 – 20:00h. Sede socialista Avda. de Portugal 18 Baixo. 32600 Verín
Viana do Bolo 21 VIANA DO BOLO 16:00 – 20:00h. Local no Cabo da Vila (zona histórica, ao lado do castelo). Viana do Bolo
Vilamarín 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Vilamartín de Valdeorras 22 VILAMARTÍN DE VALDEORRAS 16:00 – 20:00h. R/ Os Barreiros s/n. 32340 Vilamartín de Valdeorras
Vilar de Barrio 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Vilar de Santos 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Vilardevós 23 VILARDEVÓS 16:00 – 20:00h. Lugar de Osoño s/n. 32616 Vilardevós
Vilariño de Conso 21 VIANA DO BOLO 16:00 – 20:00h. Local no Cabo da Vila (zona histórica, ao lado do castelo). Viana do Bolo
Xinzo de Limia 12 XINZO DE LIMIA (xornada completa) Sede socialista Prz. de Xoán XXIII 1-1º. 32630 Xinzo de Limia
Xunqueira de Ambía 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense
Xunqueira de Espadanedo 1 OURENSE – C.E.P. 16:00 – 20:00h. Sede socialista R/ Ribeira de Canedo 24 Baixo. 32001 Ourense

Convocado o noso IIIº Congreso e as primeiras Primarias provinciais

nuevo-2

O Comité Provincial do PSdeG de Ourense, máximo órgano entre congresos, vén de aproba-la convocatoria do IIIº Congreso desta Agrupación Provincial, para o vindeiro 20 de xaneiro, precedido das primeiras eleccións Primarias que se celebrarán para a elección dun/ha Secretario/a Xeral Provincial do Partido Socialista en Ourense, que o serán a dúas voltas. As previsións do proceso son as seguintes:

As pre-candidaturas de militantes a Secretario/a Xeral poderán ser presentadas dende o día 15 ata as 12:00h. do día 16 deste mes de novembro.

Os/As pre-candidatos/as poderán recoller e presentar avais entre o 18 de novembro e as 12:00h. do 1 de decembro. Serán aceptados/as como candidatos/as os/as militantes que presenten un número de avais igual ou superior ao 3% do censo, e inferior ao 6%.

Os/As candidatos/as proclamados/as poderán desenvolver cadansúa campaña informativa entre os días 7 e 16 de decembro.

O domingo 17 de decembro celebrarase a votación da primeira volta das Primarias. Só no caso de que, nesa votación, ningún/a candidato/a obtivese máis da metade dos votos emitidos, se celebraría unha segunda volta, o sábado 30 de decembro.

As Agrupacións Municipais celebrarán, entre o 31 de decembro e o 4 de xaneiro, cadansúas asembleas para o debate da Ponencia-marco e a elección de delegados/as ao Congreso.

No Comité Provincial tamén foron designados os membros do Comité Organizador e da Comisión de Credenciais, do Congreso. O primeiro está integrado polos compañeiros Susana Rodríguez Rodríguez (Tenente-alcalde de Coles e deputada provincial), Adolfo González Novoa (concelleiro de Amoeiro e deputado provincial), María Jesús López Carrasco (nosa voceira no Concello de San Amaro) e Andrés Gómez Cachaldora (membro do Comité Provincial saínte representando á Agrupación Municipal da cidade); mentres que a Comisión de Credenciais está integrada polos militantes Erika Paz Rodríguez e Pablo Gómez Dobarrio.

Seara defende un cambio de modelo democrático que dote de maior poder real á cidadanía

A nosa deputada no Congreso,Laura Seara impartiu o martes na facultade de Dereito unha conferencia baixo o título “Máis calidade democrática, máis transparencia”.

Seara afirmou que “logo de trinta anos, o noso sistema político e a estrutura dos partidos políticos están vellos” e defendeu que non se trata de falta de democracia, senón dunha evidente necesidade de mellorala”.

Neste senso, referiuse á necesidade de reforma-la Constitución e de evolucionar cara a unha democracia participativa, “unha democracia 2.0 na que os pobos teñan voz”. Sobre este punto, referiuse á actual cidadanía, “que, en alerta e mobilizada, canaliza o seu sentir nas rúas, clamando contra os recortes ideolóxicos, á vez que remove ideas e conciencias”.

A compañeira amosouse convencida de que se deron “tres crises simultáneas: da política e as institucións, do modelo de Estado e de Europa; fronte ao que as vellas receitas xa non funcionan”, e de que “a crise empezou antes na política que na economía, cunha disociación entre política e partidos, coma se os partidos non fosen representantes políticos, e cun desmantelamento do Estado do Benestar e dos dereitos”, e asegurou que “falar dos partidos políticos como todos iguais é un erro gravísimo, fomentado por mensaxes tuteladas por un poder invisible pero fortísimimo, de quen lle interesa dicir que todos os políticos son iguais”, poñendo como exemplo que “non foi igual Felipe que Aznar nin tampouco foi igual Zapatero que Rajoy”.

A deputada repasou os motivos da indignación cidadá cos políticos, a traverso das súas disintas fases “afastamento”, “desafección” e “irritación”, por esa orde; e amosouse sorprendida do feito de que a dereita pretenda, supostamente, mellora-la “democracia con menos democracia, menos deputados, máis decretos, menos leis, máis plasmas e menos preguntas”, e mostrou o seu convencemento de que, fronte a esta “sobredose de populismo”, “hai alternativa”. Así, reclamou impulsar fórmulas de democracia e participación directa da cidadanía, poñendo como exemplo a incorporación dos cidadáns nos procesos de elaboración das leis, a creación por parte dos Gobernos de foros abertos sobre as políticas públicas, ou a recuperación dos consellos de participación como órganos consultivos e independentes, lembrando que “o noso ordenamento xurídico permite a participación directa á marxe dos períodos electorais”, e que “esta posibilidade debería ser revisada de inmediato”. Porén, lembrou que a Comisión de Peticións das Cortes Xerais, “que debería ser un verdadeiro espazo institucional de participación cidadá, non funciona”.

Por iso, Seara avoga por recorrer aos referendos, non só para ratifica-la Constitución, senón tamén para potencia-las iniciativas lexislativas populares e para dotar de máis transparencia á técnica lexislativa, e reclamou o cambio a “unha nova época, non só con máis participación senón tamén con máis transparencia”. A este respecto lembrou que, en maio do 2010, Zapatero anunciou aos españois dende a tribuna do Congreso un retallo de 10 000 millóns de euros dos Orzamentos Xerais do Estado, pero “agora, o Goberno do PP, en ano e medio e ás ocultas, fixo retallos sen parar por 115 000 millóns de euros, sen que Rajoy dese ningunha explicación”.

Do mesmo xeito, sinalou que “a representación democrática require dotarse de exemplaridade, para o que debe realizarse unha loita sen combate contra a corrupción”, e que “os partidos políticos deben prestar un servizo público, e non son propiedade dos militantes e dos dirixentes”.

A este respecto defendeu o procedemento de primarias, e indicou que “os partidos políticos debemos actuar como o tendeiro da esquina: confiábel, próximo, ofrecendo un xénero de calidade e un bo servizo e, sobre todo, sendo amables”.

Respecto da crise europea, aludiu á importancia das próximas eleccións ao Parlamento Europeo, e referiuse a que a UE é cada vez máis responsábel das políticas que afectan á cidadanía. Porén, contrapuxo o modelo de Alemaña, onde debaten a posición do país antes de negociar na UE, fronte ao modelo de España, onde se debate a postura do país despois de que o Goberno teña adoptado decisións na UE sobre cuestións que competen a España. “Os debates no Parlamento de España deben preceder, como sucede no Bundestag, aos consellos europeos, e non un mes despois comparecendo Rajoy no Congreso” criticou en tal senso.

O PSdeG alerta en Ourense da situación de máis de seis mil familias galegas afectadas pola supresión das prórrogas das subsidiacións de préstamos de vivenda protexida

En rolda de prensa celebrada na cidade co Sª Xeral de XSG, Aitor Bouza e coa a Sª de Igualdade de XX.SS. de Ourense, Irina Fernández, a nosa deputada no Congreso e Sª de Coordinación Institucional do PSdeG, Laura Seara denunciou esta mañá que o Goberno central aproveitou a Lei de Medidas de Flexibilización e Fomento do Aluguer de Vivendas para suprimir as prórrogas das subsidiacions aos  préstamos para comprar vivenda de protección oficial (VPO). Seara sinalou que esto suporá a acta de defunción da vivenda protexida.

A compañeira explicou que “as axudas de subsidiación supoñían unha  subvención a unha parte proporcional da cota mensual da hipoteca dunha Vivenda de Protección Oficial, e tiñan grande transcendencia para as familias beneficiadas”, de xeito que “moita xente que acudiu a unha Vivenda de Protección Oficial subsidiada, vai a ter que pagar entre 200 e 400€ máis ao mes, e outras que tiñan concedidas esas axudas xa non as van recibir e poden perde-la casa que tiñan concedida, dado que a Lei establece un prazo de dous meses para formaliza-la hipoteca da vivenda que tiñan concedida, e a maior parte dos beneficiarios non van a poder facelo”.

Das 6 470 familias afectadas en Galicia, 463 son ourensás, o que non deixa de evidencia-la escasa cantidade de VPO construida na nosa provincia.

O PSOE xa rexistrou no Congreso unha Proposición non de Lei para que se derroguen inmediatamente a devandita eliminación.

Por outra banda, tamén desaparece a Renda Básica de Emancipación, importante axuda para os mozos que resultou  indispensábel nun dos países cas taxas de emancipación máis tardía de Europa. Para Aitor Bouza, “suprimi-lo dereito á vivenda para a mocidade é atentar contra a súa independencia”.

Dende 2008, en Galicia se beneficiaron da Renda Básica de Emancipación 27 107 mozos, dos que 3 345 eran ourensáns.

Por último, os comparecentes anunciaron que os mozos que militan en XSG pero aínda non no PSdeG, poderán votar nas “primarias” coas que o Partido elexirá, o 7 de setembro, ao seu vindeiro Secretario Xeral. Bouza agradeceu ao PSdeG este acordo, e garantiu que os membros da Executiva Nacional de XSG non avalarán a ningún candidato, garantindo a “independencia no proceso”.

Pachi Vázquez comeza mañá luns na cidade a rolda de encontros coas agrupacións de toda Galicia para presenta-lo proceso de Primarias

O Sº Xeral Nacional, Pachi Vázquez, comezará mañá luns na capital provincial a rolda de encontros coas Agrupacións Municipais e coordenacións comarcais para presenta-lo proceso de eleccións Primarias para designar ao próximo Sº Xeral dos socialistas galegos.

O compañeiro manterá un encontro cos Secretarios Xerais Provincial e os Coordenadores Comarcais da nosa provincia, ás 20,00 h. na sede provincial, para explica-lo proceso antes do comezo da recollida de avais para os candidatos, o próximo día 22.

Vázquez continuará a rolda de encontros cos cargos orgánicos nas provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

O obxectivo destes encontros é explica-lo proceso e, tal e como dixo onte o propio Sº Xeral, pedi-la implicación de todo o Partido para mobilizar aos militantes “para que voten, a quen queiran, pero que voten, que participen”.

Relacionada:  http://socialistasdeourense.org/?p=596

Pachi Vázquez: “o próximo Secretario Xeral de Galicia será elixido polos militantes”

O Sº Xeral Nacional, Pachi Vázquez, anunciou hoxe que o vindeiro Sº Xeral dos socialistas galegos será elixido polos militantes nunhas eleccións primarias consultivas. Pachi anunciouno logo de que o Comité Federal aprobase hoxe a convocatoria destes comicios internos, previstos para o día 7 de setembro, e dun Congreso Extraordinario do PSdeG o 29 do mesmo mes.

Vázquez asegurou sentirse “profundamente orgulloso” desta convocatoria, ratificada hoxe por parte do PSOE, e que “abre un espazo de democracia mais” para o socialismo en toda España.

O compañeiro agradeceu o esforzo feito, tanto polos socialistas galegos como polo Comité Federal, para que Galicia sexa a primeira agrupación a nivel estatal que elixa ao seu Sº Xeral nun proceso de primarias.

A celebración das primarias consultivas, con carácter experimental, aparece recollida na convocatoria do Congreso Nacional extraodinario que fora aprobada polo Comité Nacional Galego o pasado 26 de abril; determinando que só serán candidatos a Sº Xeral no Congreso aqueles que teñan concurrido ás primarias, ademais de que só se presentará o que acade maior número de votos.

Nesa convocatoria, aprobada polo 95% do Comité Nacional, estipúlase que “os militantes que queran presentarse como candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE no Congreso Nacional Extraordinario, a celebrar o día 29 de setembro de 2013, terán que presentarse como precandidatos/as na consulta interna á militancia regulada nesta convocatoria”. Tamén se establecen as condicións para ser precandidato á consulta: ser militante, contar co aval do 10% da militancia e “comprometerse a renunciar a ser candidato/a á Secretaría Xeral do PSdeG no caso de non ser o precandidato/a máis votado pola militancia na consulta”.

A aprobación da convocatoria do Congreso por parte do Comité Federal da luz verde á celebración das primarias consultivas tal e como regula a convocatoria aprobada polo Comité Nacional. Garántese, tal e como afirmou hoxe o actual Sº Xeral Nacional, que “o gañador da consulta será o próximo Sº Xeral do PSdeG-PSOE”.

Logo da luz verde que deron, onte a Executiva Federal, e hoxe o Comité Federal, ao proceso aprobado previamente no Comité Nacional Galego do PSdeG, Vázquez salientou que Galicia será a primeira federación de España na que os militantes farán a proposta de Sº Xeral en voto secreto en furna, e que “o futuro vanno escribir, por primeira vez na historia do socialismo español, os militantes”

Tamén sinalou que “hoxe estamos todos de noraboa, e nomeadamente os socialistas galegos, chamados a escribir unha fermosa páxina do socialismo” a nivel estatal, e garantiu que o PSdeG sube “un chanzo mais na democracia interna”. En todo caso, advertiu de que estas eleccións primarias “para Galicia, van ser absolutamente vinculantes”, xa que quen as gañe “será o próximo Sº Xeral”.

Pachi salientou que a vindeira semana comezará un percorrido por toda Galicia, mantendo encontros con tódolos Secretarios Xerais, para pedirlles implicación no proceso e que mobilicen aos militantes “para que voten, a quen queiran, pero que voten, que participen”.

A partir de ahí, dixo, o día 22, comeza o proceso de recollida de avais tralo que se coñecerán os candidatos a Sº Xeral.

Preguntado, anunciou que antes desa data dará a coñece-la súa decisión sobre se presenta a súa propia candidatura, limitándose agora a puntualizar que estará “onde teña que estar”.

Os socialistas incrementaremos o contacto coa cidadanía explicando as nosas propostas en materia de emprego e fiscalidade

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE abordou na súa reunión do pasado luns o recente cese nas súas funcións do presidente do InOrDE, José Manuel Freire Couto. Os socialistas esiximos unha explicación de por qué o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, non aceptou a súa demisión ata hoxe, logo de tela solicitado o Grupo Socialista. Entendemos que o presidente da Deputación debe explicar qué proxectos ten para o Inorde, e plantexamos, nos propios orzamentos da Deputación do ano que ven, a disolución do ente.

O recente estudio do Observatorio Económico Ourensán, mostra con claridade as eivas da nosa provincia. Consideramos chegado o tempo de cambiar a tendencia. É tempo de reorienta-la acción política e cambia-la tendencia. Cremos que os fondos europeos non poden destinarse a rehabilitar estacións de tren, sen ningún tipo de uso, ou centros de interpretación etnográficos que non rexistran actividade. Tampouco é unha opción construir hipódromos ou manter centros ecuestres.

Xunto coa devandita disolución do InOrDE, o Grupo Socialista na Deputación solicitará, no próximo pleno da institución, unha auditoría para coñece-la situación real daquel ente, e rexistrará unha solicitude de comparecencia de José Manuel Baltar para coñece-las accións a desenvolver dende a súa nova responsabilidade.

Os socialistas ourensáns tamén avaliamos, na reunión da nosa Executiva Provincial, a acción política do PSdeG de Ourense. O secretario xeral, Raúl Fernández, anunciou que nas próximas datas se continuará co desenvolvemento de reunións sectorais no conxunto da provincia, trasmitindo as propostas do PSdeG-PSOE en materia de emprego, fiscalidade, ensino e servizos sociais. O compañeiro Fernández, anunciou tamén encontros con afectados polas participacións preferentes, así como a celebración dunha conferencia de alcaldes socialistas para avalia-lo impacto na provincia da Lei de Bases de Réxime Local, e a dun acto con todos os responsales locais para avaliar a acción política socialista nos concellos no ecuador da Lexislatura.

Ademáis, respecto á actividade interna do Partido na provincia, cómpre destacar que nos últimos meses véñense desenvolvendo cursos de formación nas diferentes comarcas, e que a Executiva aprobou un novo calendario de cara ás próximas eleccións municipais.

A Comisión Executiva Provincial valora de xeito positivo o proceso de modernización e cambio que está a vivir o PSdeG-PSOE. Os socialistas queremos comprometernos coa cidadanía, recoñecendo os nosos erros, incluso pedindo perdón por eles, pero sabendo que as políticas da dereita só xeneran máis desigualdade, máis sufrimento e máis paro. Neste senso, a celebración de “primarias” para Secretario Xeral, no mes de setembro, supón a mostra visible do compromiso socialista coa democracia interna e co necesario incremento da participación política. Unha vez máis, os socialistas, e neste caso os socialistas galegos, lideran un proceso demandado pola militancia, só deslexitimado pola dereita, que practica a sucesión dinástica ou dixital como método de designación dos seus dirixentes e candidatos.

O obxectivo dos diferentes procesos orgánicos é recupera-la confianza da cidadanía e transmiti-las propostas que dende o PSdeG-PSOE cremos urxentes e necesarias para frena-la lacra de máis de 300 000 parados en Galicia, 32 000 na nosa provincia, e o paro xuvenil superior ao 50%.