Agrupación provincial

O PSdeG-PSOE de Ourense articúlase, orgánica e territorialmente, en dous niveis: Provincial e Municipal.

Agrupación Provincial

Está constituida polas Agrupacións Municipais e, no seu caso, de Distrito do seu ámbito provincial. A súa finalidade é levar a cabo no ámbito provincial a política xeral do Partido, adaptada ás especificidades e problemas da provincia, de acordo cos órganos superiores de dirección do PSOE e do PSdeG-PSOE.

A Agrupación Provincial consta dos seguintes órganos:

  • Congreso Provincial: é o máximo órgano político da Agrupación Provincial. Está formado polos delegados e delegadas elixidos para participar no mesmo, de acordo co previsto nos Estatutos e normas do Partido.
  • Comité Provincial: é o máximo órgano provincial de dirección política do Partido na provincia, entre Congreso e Congreso.
  • Comisión Executiva Provincial: é o órgano executivo da Agrupación Provincial, que aplica e desenvolve no ámbito da provincia as resolucións dos dos Congresos Provincial, Nacional e Federal, as políticas definidas para o conxunto de Galicia polo Congreso Nacional Galego, polo Comité Nacional e e pola Comisión Executiva Nacional Galega.
  • Comisión Provincial de Control Económico: é o órgano encargado de supervisar a contabilidade, verificar a administración dos medios económicos do PSdeG-PSOE de Ourense, e controlar que o seu uso se adecúe ás resolucións dos órganos directivos.
  • Comisión Provincial de Listas: é o órgano encargado de emitir os dictames e informes previstos na normativa reguladora dos cargos públicos para os diferentes procesos electorais.

Agrupación Municipal

Para constituir unha Agrupación será preciso un mínimo de cinco militantes. É a unidade básica de militancia do Partido, salvo que existan agrupacións de Distrito. A Agrupación Municipal está formada por aqueles/as militantes que estando ao corrente no pago das cotas, estean domiciliados ou desenvolvan a súa actividade cotián no ámbito territorial do Concello. A Agrupación Municipal ten autonomía para resolver os asuntos propios do seu ámbito.

Coordinadoras Comarcais

En cada unha das comarcas establecidas nos Estatutos Nacionais constituirase unha Coordinadora Comarcal, formada polas Agrupacións Municipais implantadas no seu ámbito territorial.

A súa función será a de facilitar a coordinación entre a Comisión Executiva Provincial (CEP) e as Agrupacións Municipais para a realización, no seu ámbito, de actividades electorais e políticas.

Estarán integradas polos Secretarios e Secretarias Xerais das Agrupacións Municipais que conforman a Comarca e un representante das Xuventudes Socialistas designado pola organización xuvenil, que elixirán un coordinador ou coordinadora que se responsabilizará do seu funcionamento.

Organizacións Sectoriais

Son estructuras de participación directa dos afiliados e afiliadas socialistas da provincia en tarefas de información, debate e propostas relacionadas coas materias propias do seu ámbito de actuación. Poderán elevar análises e propostas aos órganos de dirección do Partido no ámbito provincial, contribuíndo tamén coas súas achegas á elaboración dos programas políticos e electorais.

O obxectivo das Organizacións Sectoriais é facilitar e fomentar a participación de todos os afiliados e afiliadas da provincia no traballo sectorial do Partido, acadando a máxima presenza e interlocución directa coa sociedade, especialmente con aqueles colectivos sociais con ámbitos de actuación que teñen unha importancia estratéxica para o proxecto socialista.