As nosas ideas e valores

O Partido Socialista Obreiro Español, con máis de 130 anos de historia, é unha organización política da clase traballadora e dos homes e mulleres que loitan contra todo tipo de explotación, aspirando a transformar a sociedade para convertela nunha sociedade libre, igualitaria, solidaria e en paz que loita polo progreso dos pobos.

A nosa razón de ser é a de contribuír a alcanzar unha sociedade mellor, detectando os problemas e achegando solucións, sobre a base dos principios de liberdade, igualdade, solidariedade e xustiza social.

Somos un Partido de progreso ao servizo da cidadanía, aberto á participación de homes e mulleres que expresan as súas ideas, as súas preocupacións e que buscan solucións. Somos un partido transparente, aberto aos cambios, á evolución e á innovación. Que cre e practica outra forma de facer política: a que se entende, a que é participativa, a que é próxima aos cidadáns e as cidadás, sensible aos seus problemas e desexos.

Un Partido que aborda os problemas complexos dunha sociedade cambiante como a que vivimos, buscando solucións que fagan efectivos os principios de:

  • Liberdade para que toda persoa poida levar a cabo o seu proxecto persoal de vida.
  • Igualdade de condicións para que todas as persoas poidan desenvolver as súas capacidades e potencialidades.
  • Solidariedade para que todas as persoas teñan aseguradas as súas necesidades básicas.
  • Os nosos Congresos Federais actualizan as bases ideolóxicas e establecen as prioridades políticas do Partido.

O obxectivo do proxecto político dos e as socialistas para os próximos anos consiste fundamentalmente en cumprir o Programa Electoral . Iso é así por dúas razóns. En primeiro lugar, porque o cumprimento das nosas promesas é un elemento básico da forma de gobernar que comprometemos coa cidadanía. En segundo lugar, porque se trata dun Programa consistente, coherente cun proxecto, longamente discutido e amplamente compartido cos diversos sectores sociais. Un programa realista que foi elaborado desde a vocación e responsabilidade de goberno que sempre caracterizou ao noso Partido.