Cinco precandidatos e precandidatas ás eleccións primarias de Ourense

Rematada esta fase, os precandidatos e precandidatas socialistas dispoñen dun prazo comprendido entre o 26 de outubro e o 5 de novembro para proceder á recollida e presentación de avais

Tras unha campaña de información entre o 9 e o 17 de novembro, a votación das candidaturas que acaden o número mínimo de avais (equivalente o 5 % do censo) tería lugar o domingo 18 de novembro

CALENDARIO PRIMARIAS 2018m

Ourense, 25 de outubro de 2018. Finalizado o prazo para a presentación de precandidaturas para as eleccións primarias de candidatos e candidatas ás alcaldías de municipios de máis de 20.0000 habitantes, as persoas que formalizaron a súa precandidatura en tempo e forma son as seguintes:

Municipio de Ourense:

  • José Ángel Vázquez Barquero
  • Jainer Barros Díaz
  • Marcos Diéguez Fernández
  • Elena Rosa de Prada Creo
  • Antón Alonso Suárez

Rematada esta etapa, os precandidatos e precandidatas socialistas dispoñen dun prazo comprendido entre o 26 de outubro e o 5 de novembro para proceder á recollida e presentación de avais (como mínimo o 5 % do censo de militantes). A proclamación provisional terá lugar o 5 de novembro, para abrir a continuación outro prazo destinado á presentación de recursos que rematará 9 de novembro coa proclamación definitiva. Finalmente e tras unha etapa de información á militancia entre 9 e o 17 de novembro, a xornada de votación tería lugar o domingo 18 de novembro. A votación en segunda volta, no caso de ser necesaria, sería unha semana máis tarde, o domingo 25 novembro.