Os socialistas de Leiro reclaman o arranxo dunha estrada repleta de fochancas

O portavoz do grupo municipal, Manuel Rodríguez, denuncia que o “deterioro desta vía de titularidade municipal é cada vez maior mentres o concello queda de brazos cruzados”

“O goberno local debe velar pola correcta conservación de todas as vías da súa titularidade e a conservación desta estrada é moi preocupante”, recordan os socialistas

 Fotos carretera Leiro

Ourense, 26 de outubro de 2018. O PSdeG-PSOE de Leiro ven de rexistrar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal, na que reclama ó grupo de goberno deste concello ourensán o arranxo prioritario da estrada que enlaza o lugar do Empalme e a Praza da Moreira, na localidade de Berán, xa que esta vía presenta un gran número de fochancas e importantes problemas estruturais que forzan ós condutores e condutoras a circular en sentido contrario, provocando importantes problemas para a seguridade viaria.

O portavoz do grupo municipal, Manuel Rodríguez, denuncia que o “deterioro desta vía de titularidade municipal é cada vez maior mentres o concello queda de brazos cruzados”, xa que actualmente xa presenta “anomalías e carencias moi importantes que impiden un tránsito de vehículos en condicións óptimas de seguridade e confortabilidade”. “Na curva anterior ó cruce de Celide existen grandes fochancas e incluso se observa un desplome da estrada, un pésimo estado que obriga ós condutores e condutoras a circular polo lado contrario provocando situacións de perigo”, detalla Rodríguez. “O goberno local debe velar pola correcta conservación de todas as vías da súa titularidade e a conservación desta estrada é moi preocupante”, recorda antes de denunciar novamente o “habitual e vergoñento desleixo do goberno do PP coas infraestruturas e servizos máis básicos”.

O portavoz socialista destaca que o grupo de goberno debe “exercer correctamente as funcións de vixilancia e control para evitar situacións de perigo, unha obriga que non está a cumprir ó facer ollos cegos e oídos xordos ante as queixas da veciñanza polo pésimo estado da vía”. Os socialistas de Leiro recordan que o mantemento e a conservación das estradas e rúas e a seguridade pública son competencias municipais de obrigatorio cumprimento, recollidas expresamente na lei reguladora das  bases do réxime local, e a falta de actuación ante situacións tan evidentes de perigo “sería unha evidente inactividade da administración local impugnable segundo o disposto na lexislación da xurisdicción contencioso-administrativa”.