3º Congreso Provincial ordinario do PSdeG de Ourense

Logo Congreso

Mañá, sábado 20 de xaneiro, esta Agrupación Provincial celebrará o seu 3º Congreso Ordinario.

A cita terá lugar no Conservatorio Profesional de Música da cidade (R/Pablo Iglesias s/n, Ourense), coa seguinte orde do día:

09:00h.: inicio das acreditacións

10:00h.: inauguración do Congreso (acto aberto), incluíndo:
- ditame da comisión de credenciais
- elección da mesa do Congreso
- saúdo do/a presidente/a do Congreso
- proclamación do Sº Xeral Provincial
- intervencións
- elección da Comisión Electoral

(a partires deste momento, as horas previstas son orientativas, pois dependen da extensión dos distintos traballos do Congreso:)

11:00h.: constitución das comisións

12:00h.: debate e aprobación dos ditames das comisións

12:30h.: votación das candidaturas aos órganos provinciais

13:15h.: proclamación dos resultados das votacións e constitución da nova Comisión Executiva Provincial

14:00h.: sesión de clausura (acto aberto)

Os militantes do partido poderán asistir aos actos sinalados como “abertos”, coa limitación do aforo do auditorio no que se celebran. Neles contaremos coa presenza e intervencións do Sº Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e doutras persoas relacionadas coa historia do socialismo en Ourense.

Tags: , , , ,