O PSOE de Rairiz denuncia que o ex-alcalde inhabilitado, Rodríguez Ambrosio, visita o despacho da Alcaldía varios días á semana.

10/03/2016
By

Pablo Lorenzo da orden aos servizos xurídicos do PSdeG-PSOE para que comecen a traballar nunha futura demanda,  se o ex-rexedor, inhabilitado por prevaricación, mantén este proceder co beneplácito da actual alcaldesa.

 

O Grupo Municipal Socialista no concello de Rairiz de Veiga, a través do seu voceiro, Pablo Lorenzo, denuncia que Rodríguez Ambrosio, ex alcalde, inhabilitado por un delito de prevaricación, acode varios días á semana ao seu antigo despacho para departir coa actual rexedora sobre temas municipais. A frecuencia das visitas a alcaldía, así como as visitas ao despacho de Morgade Rúa, constatan que Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio non acode ao consistorio coma un cidadán máis, senón como alcalde na sombra.

Pablo Lorenzo, declara que: “Como xa dixen en anteriores ocasións, o meu grupo non ten ningún inconvinte en que calquer veciño ou veciña acuda á Casa do Concello, como non podería ser doutro xeito, pero neste caso. os indicios apuntan a que as visitas non responden a temas personais, senón a temas municipais. Por isto, dende hoxe mesmo, dei orden aos servizos xurídicos do PSdeG-Psoe para que estuden a posibilidade de levar este asunto aos tribunais e, así, esclarecer se, tanto Xaquín Rodríguez Ambrosio coma a actual alcaldesa, están incorrendo nalgún delito por estas actuacións.”

Dende o Grupo Socialista, consideran que a marxe de tempo dado a Asunción Morgade para adaptarse ao cargo de alcaldesa, é máis que suficiente, polo que dende hoxe serán  belixerantes co proceder da actual rexedora.

Pablo Lorenzo, Voceiro do Grupo Municipal  Socialista, lamenta que leve tanto tempo devolver a decencia política ao Concello de Rairiz, e recórdalle ao renovado grupo de goberno que lembren as palabras do concelleiro Manuel Ferreiro pronunciadas no pleno ilegal de nomeamento de Morgade como alcaldesa: “levo tapado moita merda aquí e non penso seguir tapando máis”.

Remata Pablo Lorenzo dicindo que chegou o momento de atrás os tempos no que o proceder anti-democrático e irregular era norma, así como lle pide ao grupo de goberno que fagan caso do que proclama o seu líder Manuel Baltar e vaian “a por todas”, pero neste caso, no referente á xestión municipal.

 

Tags: , , , ,