Monthly Archives: November 2018

Dous militantes socialistas achegan os avais necesarios para concorrer ás eleccións primarias á alcaldía de Ourense

Elena Rosa de Prada Creo e José Ángel Vázquez Barquero presentaron ambos os dous o número máximo de avais permitido pola normativa que regula o procedemento de primarias

 Tras unha campaña de información entre o 9 e o 17 de novembro, a xornada de votación dos candidatos e candidatas proclamados terá lugar o vindeiro domingo 18 de novembro

Promo calendario primarias 2018

Ourense, 5 de novembro de 2018. Finalizado o prazo do que dispoñían os precandidatos e precandidatas para a recollida e presentación de avais (como mínimo o 5 % do censo de militantes), nas eleccións primarias ás alcaldías de municipios de máis de 20.0000 habitantes, as persoas que cumpriron este trámite en tempo e forma son as seguintes:

Municipio de Ourense:

-      José Ángel Vázquez Barquero

Avais presentados: 62
Avais validados: 62

-      Elena Rosa de Prada Creo

Avais presentados: 62
Avais validados: 62

Logo do correspondente procedemento de verificación que tivo lugar esta tarde, a proclamación provisional de candidatos e candidatas é a seguinte:

-      José Ángel Vázquez Barquero
-      Elena Rosa de Prada Creo

 Rematada esta etapa, tras un período de información á militancia entre o 9 e o 17 de novembro, a xornada de votación terá lugar o domingo 18 de novembro. A votación en segunda volta, no caso de ser necesaria, sería unha semana máis tarde, o domingo 25 novembro.