Monthly Archives: May 2015

OS SOCIALISTAS PRESENTAN 592 SINATURAS DOS VECIÑOS DE A PEROXA PARA QUE SE RESTITÚA UN MÉDICO NO CENTRO DE SAÚDE

UN SÓ MÉDICO TEN QUE ATENDER A CASE 2000 PERSOAS

Ourense.-13.5.2015

 

O candidato socialista á alcaldía de A Peroxa, Antonio González Fiuza, presentou esta mañá na Delegación de Sanidade de Ourense un escrito con 592 sinaturas de veciños e veciñas deste concello para demandar a restitución dun médico no Centro de Saúde.

 

Neste acto de protesta, o candidato socialista estivo acompañado polas deputadas autonómicas María Quintas e Mari Carmen Acuña, que expresaron a súa solidaridade cos veciños de A Peroxa que contan só cun médico para atender a case 2.000 veciños que ten o concello.

 

Esta situación supón unha auténtica aldraxe para as persoas que teñen que acudir ao Centro de Saúde de A Peroxa, e amosa o grao de desprezo pola cidadanía do PP e do propio alcalde, que no último pleno municipal chegou a dicir que se era reelexido conseguiría a restitución do médico.

 

Para Antonio González isto é unha proba máis da desfachatez deste alcalde, que consentiu que a Xunta deixase o Centro de Saúde cun só médico, e agora promete recuperalo se sae reelexido.

 

20150513_102223_resized

 

A candidatura socialista neste concello apoiou a recollida de sinaturas, que se levou a cabo por unha iniciativa popular, tras a indignación pola perda do médico, e que pon de manifesto a recorte brutal dos dereitos dos veciños que viven no medio rural e que, neste caso, atinxen a un servizo público esencial como é a sanidade.

 

Mitin da candidatura dos socialistas de Vilardevós na Praza Silvio Santiago con preto de 200 persoas.

O Candidato Chelis Pérez García e a súa candidatura apelaron a necesidade do cambio no Concello para recuperar o tempo perdido perante estes 4 anos.

Recuperar o espírito da convivencia e da xustiza social e preciso escoitar ós veciños para afrontar as necesidades do Concello. O PSOE quere prometer aquilo que poida cumprir. Recuperar as infraestruturas feitas. Utilizalas para ó pobo e  para o asociacionismo. As vivendas sociais abandonadas darlle utilidade, reutilización de infraestruturas para dotar ó Concello dunha gardería Pública. Por en valor a feira dándolle máis dimensión como elemento dinamizador, engadir artesanía propia etc

Por en valor os recursos agrogandeiros e forestais, o sector primario está abandonado, o medioambiente ten que ser un elemento de desemvolvemento para ó Rural. O Concello ten que sentar as bases para abrir camiño ós emprendedores para conquerir emprego e fixación de poboación  có obxetivo primordial de que os mozos se queden en Vilardevós

 20150511_210103_resized

Presentación da Candidatura en Baños de Molgas

O candidato do PSdeG en Baños de Molgas Segundo Augusto González Hernandez  é Funcionario da UE e xefe da Unidade de Política e Investigación Espacial. Nacido en 1961 en Baños de Molgas afronta este reto diante dos seus veciños  para cambiar o seu pobo. Un pobo onde non hai Plan Xeral de Urbanismo, un pobo cunha longa historia de termalismo e cunha riqueza románica e pre románica importante esta perdendo poboación, os mozos emigran e as boas comunicacións non xeran oportunidade de negocio e desenvolvemento. Presentase ás eleccións cunha prioridade básica xerar emprego e fixar poboación.

IMG-20150510-WA0001

A Xunta Electoral de Zona incoou onte un expediente sancionador contra dúas candidatas do PP de Amoeiro pola tentativa de manipulación do voto nunha residencia de anciáns e por presións cara o voto ao PP dun maior que recibe asistencia domiciliaria municipal no mesmo concello.

 

O PSdeG lamenta que éstas prácticas se repitan a acotío nos procesos electorais, e que teñen sempre como protagonistas a candidatos do PP

 

Ourense.- 9.5.2015

 

A denuncia foi presentada o pasado 4 de maio polo PSdeG de Ourense a partires da información presentada polo alcalde dese municipio, así como de dous vídeos aportados por este. Nun dos vídeos amosouse a testemuña da administradora dunha residencia comunitaria de maiores de Amoeiro, e noutro un matrimonio de anciáns relataba como as dúas candidatas ás que acaba de abrirse expediente sancionador intentaban manipular o voto por correo dun maior en situación de dependencia e con mobilidade reducida.

O Partido Socialista en Ourense denunciou estes feitos, xunto cos denunciados hai dous días en Vilardevós por outro intento de manipulación do voto por correo, reflicten o grao de vileza moral do PP.

O xuíz instrutor deste expediente, Leonardo Álvarez Pérez, que é presidente da XEZ, acordou, asemade, dar traslado da denuncia e outorgar un prazo de cinco días para a presentación de alegacións.

Este paso procesual supón a tramitación xudicial duns feitos que amosan claramente a actitude amoral e antidemocrática do PP na procura do voto para o seu partido, singularmente no caso das persoas maiores.

Ademais, tales feitos non son illados, xa que estanse a producir outros semellantes en diversos pobos da provincia. Hai dous días denunciamos a subtracción por unha candidata do PP da documentación para votar por correo, despois de que o carteiro a entregase nun domicilio particular.

O PSdeG lamenta que éstas prácticas se repitan a acotío nos procesos electorais, e que teñen sempre como protagonistas a candidatos do PP, e como vítimas, ás persoas maiores que viven soas ou en residencias.

19_01p

Concentración en repulsa do asesinato de Isabel, victima da violencia de xenero.

Hoxe ás 20.00 horas CONCENTRACIÓN DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBIERNO, en Ourense. En repulsa polo asesinato de Isabel no CHUO, victima da violencia de xenero.

Contará coa presencia da Deputada Autonómica e Secretaría de Organización do PSOE en Ourense,  María Quintas.

mariaquintas

O Senador Miguel Fidalgo Areda pide explicacións ó Goberno polo último caso de violencia de xenero acaecido na nosa provincia.

miguel-fidalgo

O senador Miguel Fidalgo vén de presentar una batería de Preguntas con carácter urxente e polos diferentes mecanismos parlamentarios para que o Goberno explique as circunstancias do asesinato de María Isabel Fuertes no Hospital de Ourense onde se recuperaba de gravísimas lesións causadas por una agresión machista anterior.
Fidalgo quere saber cómo é posible que se poida entrar nun hospital con armas e rematar a víctima de violencia machista. O senador socialista espera que a directora do CHOU dé explicacións urxentes hoxe pola mañán, tome medidas para garantizar a seguridade de pacientes e persoal, e logo asuma as súas responsabilidades.
Asimesmo Fidalgo considera que a Fiscalía e a Subdelegación do Goberno debe explicarnos a opinión pública en qué fallaron os responsables xudiciais e forzas de seguridade para que un agresor poida rematar á súa vítima tan fácilmente e cómo se van depurar responsabilidades. Deben explicar por qué non se puxeron en marcha medidas de protección da vítima de violencia machista, qué fallou e quén é o responsable. A sociedade ourensá necesita respostas claras e rápidas e quénes sean responsables que asuman a sua responsabilidade.