Monthly Archives: May 2015

MAPA DESPOIS DAS MUNICIPAIS

27/05/2015
By

1280px-Orense-concellos

OS SOCIALISTAS RESPONSABILIZAN AO GOBERNO GALEGO DOS 113.000 NOVOS DESEMPREGADOS DENDE A CHEGADA DE FEIJÓO

26/05/2015
By

María Quintas critica a “ineficacia” da Consellería de Traballo ao deixar sen executar o 31 por cento dun orzamento que reduciron a menos da metade

 

Santiago de Compostela, 26 de maio de 15. A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, dixo hoxe que a incompetencia na xestión do goberno galego tivo como consecuencia o aumento de 113.000 novos desempregados e a redución da poboación ocupada en 180.000 persoas dende a chegada de Feijóo. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Traballo para dar conta do Plan Anual de Emprego de Galicia, hoxe no Pleno do Parlamento.

 

A deputada socialista acusou ao goberno galego de responder con publicidade e propaganda para agochar a un “fracaso total” que supón un aumento do 70 por cento no desemprego fronte ao 36 por cento do conxunto de España, ata sumar 275.000 persoas, un aumento trimestral de 11.900 persoas.

 

Hoxe, explicou, o número de parados e xubilados de Galicia supera á poboación traballadora, e por cada menor de 20 anos hai 7 xubilados, mentres a taxa de paro xuvenil aumenta un 60 por cento dende 2010 e a taxa de ocupación descende en case un 30 por cento.

 

María Quintas criticou que dende o ano 2009 o desleixo do goberno galego provocou a destrución de 80.000 empregos xuvenís, a razón de 45 empregos ao día, mentres unha media anual de 13.000 mozos e mozas abandonan Galicia.

 

Ineficacia

 

A deputada socialista criticou a xestión “sumamente ineficaz” do goberno galego, que respondeu a unha situación crítica reducindo en mais da metade os orzamentos para políticas activas de emprego, dende os 421 millóns de euros de 2009 aos 193 de 2015. Ademais de reducir o orzamento de forma drástica, criticou que a Consellería de Traballo deixara sen executar o 31 por cento do seu orzamento no ano 2014.

 

Criticou a incompetencia da conselleira por ter deixado sen executar 85 millóns de euros dos 271 orzamentados para todo o exercicio, o que supón que “de cada tres euros, un deles non foi executado na anualidade correspondente”.

 

Quintas lamentou que o goberno galego responda a esta situación presentando hoxe un plan de actuación “agochando a documentación oficial” ao Parlamento, que “no mellor dos casos poderá reducir o desemprego en 15.000 persoas”.

 

Estas axudas estarían destinadas principalmente a cursos de formación, logo de, lembrou, o escándalo provocado polo presunto desvío de fondos de formación ao financiamento do PP investigado na Operación Zeta, e mentres destinan o 94 por cento das axudas correspondentes aos programas de emprego a concellos dirixidos por alcaldes do PP.

IMG-20150520-WA0003

PACHI VAZQUEZ COMPROMETESE A TRABALLAR CON FUMEGA

22/05/2015
By

O CANDIDATO SOCIALISTA APELOU Ó RESPALDO VECIÑAL PARA RECUPERAR O CARBALLIÑO

MITIN CARBALLIÑO

Nun Auditorio abarrotado de carballineses, oitocentas persoas, arrouparon non Mitin Central á Candidatura do PSOE encabezada por Francisco Fumega no Carballiño. O ex alcalde e Ex Secretario Xeral do PsdeG Pachi Vázquez agradeceu a honra de poder presentar a Fumega como futuro alcalde do Carballiño» e se dirixiu ao público que abarrotaba o auditorio para afirmar que «vós sodes vos artífices do cambio que fixemos neste pobo, cando en xuño de hai 20 anos conseguimos gañar ás eleccións». Apelou ao apoio dos carballiñeses para «darlle a volta a este pobo» e asegurou que o alcalde e os concelleiros do PP «botaron catro anos sen recibir a ninguén e agora bótanse aos coches e á xente, e bótanse aos camiños, e abrazan farois e árbores» para pedir o voto. Recordou que o candidato traballou estreitamente con el na transformación da vila ou «e eu vou ser un traballador máis como o ou foi comigo».
O candidato á alcaldía, Francisco Fumega, comprometeuse «a crear emprego, dinamizar a economía e mellorar vos servizos sociais». Cualificou de «dilapidación» a compra da Casa Souto e dixo que «nada máis chegar ao goberno anularei a barbaridade que supón gastar 1,7 millóns na compra dá Casa Souto máis outros 3 ou 4 millóns que custará para reformala», dedicando ese diñeiro a dinamizar O Carballiño. Interviñeron ademais no mitin os candidatos Erika Paz, Adolfo Nogueira e Manuel Dacal entre outros para expoñer ou programa municipal co que concurriran os socialistas ás eleccións municipais.

MITIN CENTRAL EN OURENSE

21/05/2015
By

Mitin central en ourense coa intervención de Carmen Dacosta número 2 da Candidatura do PSdeG-PSOE,   Xose Ramón Gomez Besteiro Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e o Candidato a Alcalde Jose Angel Vazquez Barquero.

IMG-20150521-WA0000

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN “BURDA MANIPULACIÓN” NO TRATAMENTO INFORMATIVO DA TVG AO PRESUNTO DESFALCO DE MAIS DE 200.000 EUROS POLO ALCALDE E CANDIDATO DO PP DE CUALEDRO

20/05/2015
By

María Quintas censura que o ente público dedique 29 segundos sen declaracións a un feito “o suficientemente relevante como para que o trataran os medios estatais”

 

Santiago de Compostela, 20 de maio de 15. A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, María Quintas, denunciou hoxe o “tratamento torticero e burda manipulación” por parte dos informativos do ente público ao presunto desfalco de mais de 200.000 euros por parte do alcalde e candidato do PP de Cualedro. Quintas presentou unha pregunta sobre este caso na Comisión celebrada hoxe no Parlamento.

 

Quintas cualificou o caso de “indecente, obsceno e o suficientemente relevante como para que o trataran os medios estatais”, mentres á televisión pública autonómica tan só lle ocupara 29 segundos sen declaracións nun informativo.

 

Criticou a “actitude de impunidade e de sheriff” exercida por un medio público que se permite obviar un caso con repercusión nacional e que “foi tratado en roldas de prensa e intervencións do noso portavoz na deputación, denunciado a tódolos niveis e que provocou declaracións do presidente da Xunta e do PP, do seu secretario xeral e vicepresidente, do presidente da Deputación e do portavoz parlamentario”.

 

María Quintas lembrou o caso do alcalde de Cualedro, daquela tamén deputado provincial, cargo do que posteriormente dimitiu, e agora candidato á alcaldía, que é titular dunha estación de servizo no pobo á que se desprazan a repostar tódolos vehículos da Deputación malia que se sitúa a 55 quilómetros da capital, así como os vehículos do Concello.

 

A través desta estratexia, lembrou, o alcalde conseguiu desfalcar presuntamente 186.770 euros á Deputación de Ourense entre 2009 e 2014, e outros 69.184 euros ao Concello entre 2010 e 2014.

IMG-20150520-WA0003

Alberto Dantas, candidato a alcaldía do PSdeG-PSOE aposta pola recuperación económica de Cortegada.

20/05/2015
By

Mitin onte en Cortegada do Candidato Alberto Dantas acompañado polo Secretario Provincial Raul Fernández e  o Senador Miguel Fidalgo. Pola tarde estiveron recorendo a vila acompañados por el Secretario  Xeral de Galicia Jose Ramón García Besteiro

Alberto Dantas afirmou do importante de que os alcaldes sexan persoas que atendan os veciños durante  os 4 anos. Dixo tamén que recuperaría a vida económica de Cortegada con empresas que den traballo . E Recuperar a convivencia democrática de xeito que cada veciño poida actuar e vivir libremente.

IMG-20150519-WA0005

ANTONIO HERNANDO PUXO EN VALOR AS POLÍTICAS SOCIALISTAS NOS CONCELLOS EN CONTRAPOSICIÓN AOS RECORTES DO PP

18/05/2015
By

O PORTAVOZ SOCIALISTA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS ESTIVO NO CARBALLIÑO APOIANDO A CANDIDATURA DE PACO FUMEGA

 

O portavoz socialista no Congreso dos Deputados, Antonio Hernando, puxo en valor as políticas de progreso e a defensa dos servizos sociais e os servizos públicos, en contraposición aos recortes do PP.

Hernando estivo hoxe no Carballiño para apoiar ao candidato socialista á alcaldía, Paco Fumega, e intervir nun acto sectorial con maiores.

Acompañado por Paco Fumega e os integrantes da candidatura socialista, Hernando participou a media mañá no reparto electoral na Praza Maior da vila, antes de trasladarse ao Hotel Arenteiro, onde se reuniu coas persoas maiores que encheron a sala.

Ao remate, o portavoz do PSOE no Congreso reuniuse cos alcaldes e candidatos ás alcaldías da comarca do Carballiño.

A estes actos tamén asistiron o secretario provincial, Raúl Fernández, a deputada autonómica, María Quintas e a deputada nacional, Laura Seara.IMG-20150518-WA0002 IMG-20150518-WA0001

PEPE BLANCO E A DEPUTADA MARIA QUINTAS APOIANDO A CANDIDATURA DO PSOE EN LOBIOS

17/05/2015
By

Ourense a 17 de maio. Mais de 200 persoas asistiron o mitin socialista do alcaldable Francisco Veloso acompañado pola candidatura e arroupado polo parlamentario Europeo e exministro de Fomento Pepe Blanco e a deputada autonómica e secretaria de organización María Quintas.
Recuperar Lobios é obxectivo primordial do PSOE nesta comarca.
O potencial endóxeno de Lobios o Parque Natural e as augas termais teñen que ser elementos de desenvolvemento fundamental así como un plan de emprego e un plan demográfico para recuperar e fixar poboación así como xerar emprego.

IMG-20150517-WA0012

IMG-20150517-WA0011

PEPE BLANCO DI QUE GAÑAR AS MUNICIPAIS E A ANTESALA DO CAMBIO POLÍTICO EN ESPAÑA

16/05/2015
By

Feijoo paséase por Galicia sen explicar, despois de seis anos de goberno, porque Galicia se desangra e languidece.

Votar PSOE é votar cambio e desenvolvemento. O cambio nos concellos  e a antesala do cambio en España.

 
Ourense a 16 de maio. O exministro de Fomento Pepe Blanco recorreu a provincia de Ourense apoiando ós candidatos socialistas. Participou con Paco Fumega  a súa candidatura e Pachi Vázquez no reparto de propaganda na feira do Concello do Carballiño onde dixo que os Socialistas teñen a oportunidade de recuperar o dinamismo e a calidade de vida que o Carballiño perdeu cun goberno do PP.
En Baños de Molgas apoiando a Segundo Augusto González Hernández o exministro dixo que Baños non se merece o abandono dos recursos endóxenos
e a pasividade con que os gobernos do PP trata esta vila.
Finalmente Blanco participou nun mitin en Ramirás coa candidata Isabel Gil.

20150516_122828_resized

O PSdeG DEMANDA A REVISIÓN DO PROXECTO DA PLATAFORMA DE INTEGRACIÓN URBANA DO FERROCARRIL NOS TRAMOS TABOADELA-SEIXALVO E SEIXALVO-TÚNEL DE MONTEALEGRE, PORQUE PERXUDICA A TABOADELA

15/05/2015
By

O PSdeG apoiará as iniciativas cidadáns e movilización en defensa do Concello  de Taboadela

 

 

 

Ourense.- 4.5.2015

 

O PSdeG-PSOE de Ourense demanda a revisión do proxecto de construcción da Plataforma de integración Urbana e Acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense nos tramos Taboadela- Seixalvo e Seixalvo- Tunel de Montealegre, porque prexudica á poboación do concello de Taboadela.

Unha infraestrutura destas características e que marcará o crecemento de Taboadela, ten que ser unha oportunidade para toda a poboación e, cando menos, debe contar co consenso do concello e dos veciños.

O 6 de maio publicouse no BOP a relación individualizada e concreta dos bens e dereitos afectados pola construción de dita plataforma.

No tramo Taboadela- Seixalvo hai 33 parcelas afectadas no curso do trazado que discorre polo termino municipal de Taboadela. No tramo Seixalvo-Tunel de Montealegre hai 277 parcelas afectadas no termino de Taboadela, cando o trazado discorre por San Cibrao e Ourense (polígonos. 41,42 e 44)

Estas parcelas vanse adicar a depositar escombros procedentes de diversas zonas do trazado, especialmente no que se refire aos túneles de Rante e Montealegre. Estas parcelas sitúanse preto da zona urbanizable e residencial de Espiñeiro, cun gran valor urbanístico e de potencial crecemento. Ademais de situarse moi preto da residencia da terceira idade.

A expropiación das parcelas para este acopio de material faise, a diferenza doutras zonas, con carácter definitivo e non temporal. En total serán preto de 50 hectáreas e un movemento de escombro de preto de dous millóns de m3 e que prevé que estes alcancen unha altura de aproximadamente catro metros.

Dende o Partido Socialista de Ourense presentáronse iniciativas en tódalas institucións: Concello de Taboadela, a través do portavoz e candidato Álvaro Vila Araujo; Deputación Provincial; Parlamento Galego, a través do deputado Raúl Fernández, e no Congreso dos Deputados, pola deputada Laura Seara. Neste senso o PSdeG apoiará as iniciativas cidadáns e mobilizacións en defensa do Concello  de Taboadela.

Os representantes do PSOE denuncian que estas actuacións van a supoñer un cambio radical na fisonomía da zona, e cuestionamos o informe favorable de Mediambiente sobre esta actuación. Esta decisión vai supoñer un trasiego de vehículos e maquinaria pesada durante varios anos e en traxectos de mais de sete quilómetros, con importantes problemas en canto á funcionalidade e peligrosidade.

Os socialistas solicitamos que se revise a distribución das expropiacións, para que o Goberno central e o Goberno galego en exercicio das súas competencias, estuden a posibilidade de diversificar entre os tres concellos afectados.

 OURENSE. 17.01.2015. PSOE, R PRENSA RAUL FERNANDEZ.FOTO: MIGUEL ANGEL