PSdeG

Proclamación provisional das candidaturas que participarán nas eleccións Primarias para elixir ao Secretario Xeral provincial

01/12/2017
By

A partir dos datos de verificación e validación de avais xerados pola aplicación informática utilizada no proceso de reconto e verificación, que se achegan como anexo, e que son os seguintes:

- precandidatura de ÁLVARO VILA ARAÚJO: total de avais presentados: 91; avais válidos: 84

- precandidatura de NOELA BLANCO RODRÍGUEZ: total de avais presentados: 92; avais válidos: 90

- precandidatura de RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO: total de avais presentados: 92; avais válidos: 92

- precandidatura de MANUEL VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: : total de avais presentados: 92; avais válidos: 84

a Comisión Nacional de Ética do PSdeG-PSOE, dando cumprimento ó establecido no artigo 18.1 do Regulamento Federal de Congresos, e tendo en conta que, para ter dereito a participar como candidato no proceso para a elección do Secretario Xeral Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense é preciso reunir, como mínimo, 46 avais, proclama, provisionalmente, candidatos a participar nas Primarias, a celebra-lo 17 de decembro de 2017, para elixir á persoa que asumirá a Secretaría Xeral Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense a partir da celebración do 3º Congreso Provincial ordinario, a:

- ÁLVARO VILA ARAÚJO

- NOELA BLANCO RODRÍGUEZ

- RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO

- MANUEL VÁZQUEZ FERNÁNDEZ

E para que así conste aos efectos oportunos, sendo as catorce horas e corenta minutos do un de decembro de dous mil dezasete, asina esta proclamación provisional o Presidente da Comisión Nacional de Ética, Jorge Parada Mejuto.

Convocatoria do IIIº Congreso Provincial Ordinario

16/11/2017
By

Ourense, 16 de novembro do 2017

A Comisión Executiva Nacional Galega acordou o pasado día 13 do presente, propoñe-lo nomeamento dunha Comisión Xestora Provincial en Ourense, presidida por Miguel Bautista Carballo e tendo como vocais aos seguintes compañeiros/as: José Antonio Corral Álvarez, Concepción García Lozano, Pablo Xabier López Vidal e Elvira Lama Fernández.

A tarefa primordial deste órgano xestor, vai ser a de administrar e conduci-lo proceso de renovación orgánica que foi recentemente convocado polo Comité Provincial. Dito proceso leva aparellada a realización dunhas primarias e o remate do mesmo será o 3º Congreso Provincial Ordinario no mes de Xaneiro.

Có ánimo de dar a máxima transparencia e participación neste proceso democrático que debe encher de orgullo a nosa organización, achegamos as Bases que rexeran a celebración do mesmo para que sexan trasladadas a toda a militancia.

Agardando contar coa vosa colaboración neste ilusionante camiño de renovación dos órganos provincias, e poñéndonos a vosa enteira disposición, recibe un cordial saúdo socialista.

A Comisión Xestora Provincial

 

3º CONGRESO PROVINCIAL ORDINARIO PSdeG-PSOE DE OURENSE

CONVOCATORIA

COMISIÓN XESTORA PROVINCIAL

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

O Comité Provincial a proposta da Comisión Executiva Provincial de Ourense, aprobou esta convocatoria que ten por obxecto establecer as bases do proceso congresual e o calendario para a Celebración do 3º Congreso Provincial Ordinario do PSdeG-PSOE. Nela, inclúese:
- A elección do/a Secretario/a Xeral do PSdeG-PSOE.
- A elección de delegados e delegadas ao 3º Congreso Provincial ordinario.
- A presentación de emendas ao Relatorio Marco e ós Estatutos Provinciais
- A elección da Comisión Executiva Provincial.
- A elección da Comisión Provincial de Control Económico
- A elección da Comisión Provincial de Etica
- A elección dos membros dos Comité Provincial a nomear polo Congreso Provincial.

Este proceso congresual desenvolverase no marco do establecido nos Estatutos do Partido, no Regulamento Federal de Congresos, na normativa do Partido que resulte de aplicación, e nas presentes bases.

Elección do Secretario/a Xeral

Realizarase a través do sistema de primarias, por voto individual, directo e segredo dos e das militantes e, no seu caso, dos afiliados e afiliadas directas, que teñan plenos dereitos políticos, conforme ao regulado nas normas do Partido. Todos o procesos de primarias deberán rexerse por normas análogas, que favorezan a presentación de candidatos e candidatas e velen pola igualdade de medios e recursos, pola imparcialidade da organización, pola liberdade e pola transparencia durante todo o proceso.

As primarias celebraranse polo sistema de dobre volta. Na primeira volta, resultará elixido/a Secretario Xeral o candidato/a que obteña máis do 50% dos votos válidos. Se houbera máis de dúas candidaturas proclamadas e ningunha obtivese máis do 50% dos votos válidos na primeira volta, pasarán á segunda volta as dúas candidaturas que obteñan o maior número de votos, na que resultará elixido/a Secretario/a Xeral o candidato/a que obteña maior número de votos.

Para lograr a consideración de candidato/a á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, será necesario consegui-lo 3% de avais no ámbito provincial.

No caso de que só unha precandidatura consiga o número mínimo de avais requirido, o órgano verificador de avais procederá a súa proclamación como Secretario/a Xeral sen necesidade de votación.

Ós únicos efectos de verificación dos avais necesarios para poder presentar a súa candidatura á Secretaría Xeral, as precandidaturas poderán aportar diante do órgano verificador dos avais, como máximo, o dobre do número de avais requiridos para obter a condición de candidato/a, tan só coa finalidade de chegar ao mínimo establecido pola posible anulación de parte dos avais presentados.

O órgano encargado de velar pola transparencia e o correcto funcionamento deste proceso congresual provincial será a Comisión Nacional de Ética do PSdeG.

Elección da Comisión Executiva Provincial

A elección da Comisión Executiva Provincial levarase a cabo mediante sistema maioritario, a proposta do/a Secretario/a Xeral elixido, por voto individual e segredo dos delegados e delegadas, con dereito a voto no respectivo Congreso

Elección dos Comités Provinciais

Elección no respectivo Congreso

Os membros dos Comités Provinciais serán elixidos, no número que corresponda, polos/as delegados/as dos Congresos en listas completas, cerradas e bloqueadas, que deberán ter igual representación de homes e mulleres ordenados de forma alternativa. Cando o número de integrantes da lista sexa impar, a presenza de ambos sexos será o máis axustada posible o equilibrio numérico, respectándose a orde alternativa entre os candidatos de un e outro sexo.

No suposto de que existan dúas listas, a minoría que obteña como mínimo o 20% dos votos válidos a candidaturas, terá unha representación proporcional a estes. En todo caso, a lista que obteña a maioría terá dereito á metade máis un dos delegados e delegadas a elixir.

No suposto de que existan máis de dúas listas, e ningunha obteña a maioría, a máis votada terá dereito a unha representación da metade máis un dos cargos a elixir, repartíndose o resto proporcionalmente entre as demais candidaturas que superasen o 20% dos votos válidos.

Elección dos membros dos Comités Provinciais

A elección dos membros dos Comités Provinciais realizarase conforme ao que se estableza no Regulamento de desenrolo dos Estatutos Federais aprobados no 39º Congreso Federal. Mentres este non entre en vigor, en aplicación das disposicións transitorias primeira dos Estatutos Federais e terceira, destes Estatutos, a súa elección efectuarase conforme ao previsto nos estatutos Nacionais e Provinciais anteriores ao 39º Congreso Federal.

A elección de delegados/as ao 3º Congreso Provincial realizarase nas correspondentes Asembleas Locais e Municipais a través de votación de listas completas, pechadas e bloqueadas.

As agrupacións municipais poderán formular suxestións á Orde do Día, presentar proposicións e emendas de calquera natureza coa condición de que obteñan un mínimo do vinte por cento de apoio na correspondente asemblea.

A elección das Comisión Provincial de Control Económico e da Comisión Provincial de Ética realizarase mediante votación individual e secreta dos delegados/as con dereito a voto no Congreso Provincial ordinario do PSdeG- PSOE previa presentación das correspondentes candidaturas diante da Comisión Electoral, en listas completas, pechadas e bloqueadas, de acordo co sistema de voto maioritario.

1.1. Datas e lugar de celebración do 3º Congreso do PSdeG-PSOE

O 3º Congreso Provincial Ordinario celebrarase o día 20 de xaneiro de 2018, en Ourense.

1.2. Calendario coas datas máis relevantes do proceso congresual:

Aprobación da convocatoria do 3º Congreso Provincial 11 novembro
Presentación de precandidaturas 15-16 novembro (12 horas)
Recollida e presentación de avais 18 novembro- 1 decembro (12 horas)
Proclamación e recursos 2-6 de decembro
Campaña de información 7-16 de decembro
Xornada de votación elección da Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE 17 de decembro
Recursos 18-22 de decembro
Votación en segunda volta 30 decembro
Proclamación e recursos 31 de decembro-4 xaneiro
Asembleas: elección de delegados/as, debate relato, presentación emendas 31 decebro-4 xaneiro
Remisión da documentación polas Agrupacións á sede do PSdeG-PSOE 8-10 xaneiro
3º Congreso Provincial Ordinario 20 de xaneiro

1.3. Orde do día provisional do 3º Congreso Nacional do PSdeG-PSOE

1. Ditame da Comisión de Credenciais e constitución do 3º Congreso Provincial.
2. Elección da Mesa do 3º Congreso Provincial.
3. Saúdo da Presidencia do 3º Congreso Provincial e apertura do Congreso.
4. Saúdos e intervención de apertura do Congreso
5. Saúdo do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE.
6. Elección da Comisión Electoral do Congreso e apertura do prazo de presentación de candidaturas: Comisión Executiva Provincial, Comisión Provincial de Control Económico, Comisión Provincial de Ética, membros dos Comité Provincial.
7. Constitución das comisións de traballo e debate de emendas.
8. Proclamación das candidaturas presentadas diante da Comisión Electoral.
9. Presentación e aprobación polo plenario das resolucións das comisións de traballo. Se procede, debate e votación de emendas.
10. Votación das candidaturas proclamadas.
11. Proclamación dos resultados das votacións.
12. Clausura.

1.4.Comisión de Credencias:

A Comisión Xestora Provincial de Ourense será a responsable da organización do mesmo e de proceder ao nomeamento previsto no artigo 19 do Regulamento de Congresos no que atinxe aos integrantes da Comisión de Credencias.

1.5. Relatorio Marco e Estatutos do PSdeG-PSOE

O Relatorio Marco proposto pola Comisión Xestora Provincial coa aquiescencia da Secretaría Xeral electa, será enviado, xunto cos estatutos provinciais vixentes, as Agrupacións Municipais da Provincia, para a presentación de emendas e debate das mesmas nas respectivas asembleas locais.

1.6. Composición do 3º Congreso Provincial Ordinario.

Son membros con dereito a voz e voto:
· Os delegados/as elixidos/as nas asembleas das Agrupacións Municipais. O baremo a aplicar será o de un/unha delegado/a por cada 35 militantes ou fracción igual ou superior a 20. Adicionalmente, todas as Agrupacións con 5 ou máis militantes terán un delegado/a máis.
· Os delegados/as de Xuventudes Socialistas da provincia de Ourense, nun número equivalente a unha porcentaxe do 5% do total de delegados/as do Congreso de conformidade co establecido no artigo 48 dos estatutos provinciais
· A representación que, no seu caso, lles corresponda ás Organizacións Sectoriais constituídas a nivel provincial en base ao previsto nas normas do Partido.
· Son membros con voz e sen voto:
- A Comisión Xestora Provincial
- Comisión Provincial de Control Económico.
- Os colectivos e movementos asociados ou vinculados ao PSdeG-PSOE.

1.7. Censo

O censo que conforma o corpo electoral para o presente proceso congresual é o pechado o 1 de abril de 2017, data de convocatoria do 39º Congreso Federal.

O censo será custodiado e xestionado polo Departamento Federal de Afiliación e Censo, que velará polo seu uso responsable, así como polo pleno respecto á lexislación sobre protección de datos.

Dacordo co estipulado nas normas que desenvolven a lexislación de Protección de Datos de carácter persoal, en ningún caso, as precandidaturas ou candidaturas poderán acceder a datos persoais da militancia.

1.8 Comité Organizador

Tódalas funcións a desenvolver neste proceso de renovación orgánica serán íntegramente asumidas pola Comisión Xestora Provincial.

2. PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Á SECRETARÍA XERAL DA COMISIÓN EXECUTIVA PROVINCIAL

Poderán ser candidatos/as aquelas persoas que ademais de formar parte do corpo electoral correspondente ao proceso congresual, cumpran os seguintes requisitos:
- Sexan militantes do PSdeG-PSOE e non incorran en causa de inelixibilidade algunha.
- Reúnan o 3% de avais de militantes no ámbito provincial

2.1. Presentación de precandidaturas.

A persoa que desexe iniciar unha recollida de avais ao seu favor para optar á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE comunicarao, no prazo comprendido entre o 15 de novembro e as 12 horas do 16 de novembro, á Comisión Nacional de Ética a través do modelo oficial establecido para ese fin, que se pode recoller na sede Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense en R/Ribeira de Canedo, 24 baixo

Unha vez comprobado que esa persoa reúne os requisitos esixidos na normativa que resulta de aplicación, a Comisión Nacional de Ética facilitaralle os correspondentes impresos de avais antes de que comece o prazo para a súa recollida e presentación.

2.2. Medios a disposición das precandidaturas.

O Comité Organizador poñerá a disposición das precandidaturas os seguintes medios:

a) Os datos estatísticos de censo para sabe-lo número de avais necesarios para presentar a súa candidatura.
b) Os datos de contacto das Agrupacións Municipais.
c) Os formularios oficiais, tanto individuais como colectivos, para a recollida de avais.

A Comisión Xestora Provincial e Comisións Executivas Municipais facilitarán, en igualdade de condicións, a actividade das precandidaturas. En ningún caso isto inclúe facilitarlle copia do censo de afiliados/as.

Logo de ser proclamadas as candidaturas, estas poderán nomear un representante diante dos órganos do Partido que teñen encomendado o desenvolvemento do Congreso Provincial.

2.3. Financiamento das precandidaturas.

Os e as aspirantes a precandidatos/as e as correspondentes precandidaturas realizarán as súas actividades atendendo aos principios de austeridade, responsabilidade e transparencia, estando en todo momento sometidas ao control da Comisión Nacional de Ética, que establecerá as condicións e limitacións para o financiamento e os mecanismos para garantir a súa transparencia.

En todo caso, as campañas de captación de fondos, en calquera das súas formas, canalizaranse a través dos mecanismos postos a disposición das precandidaturas pola Xerencia do PSdeG-PSOE, que garantirá o cumprimento da Lei de Financiamento de Partidos Políticos.

En ningún caso se poderán realizar campañas de imaxe ou publicidade pagadas ou sometidas a algún tipo de contraprestación.

2.4. Recollida e presentación de avais

O período de recollida e presentación de avais iniciarase o día 18 de novembro e concluirá o día 1 de decembro, ás 12 horas. Non será considerado válido ningún aval recibido ou entregado ao Comité Organizador despois dese momento.

Os modelos para a recollida de avais serán establecidos pola Comisión Nacional de Ética que preverá mecanismos de seguridade que garantan a súa autenticidade. En todo caso, os impresos, individuais ou colectivos, serán nominativos para cada candidatura. Non será válido ningún aval presentado nun modelo distinto do oficial.

Aval individual: os impresos do aval individual, unha vez cumprimentados e acompañados de fotocopia do DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia, poderán remitirse directamente ao Comité Organizador na sede Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense en Ribeira de Canedo.

Os avais individuais serán custodiados polo Comité Organizador. Informarase a cada precandidatura do número de avais rexistrados ao seu favor, feito que non leva implícita a súa validez.

Aval colectivo: os modelos de aval colectivo, que deberán ser orixinais, tramitaranse a través das respectivas precandidaturas, que serán as responsables da súa entrega ao Comité Organizador dentro do prazo previsto e, en todo caso, antes da finalización do prazo establecido para a recollida e presentación de avais.

Unha vez finalizado o prazo para a recollida e presentación de avais o Comité Organizador expedirá a cada precandidatura o correspondente certificado no que figurará o número de follas de avais, colectivas e individuais, presentadas, así como o número total de avais presentados.

2.5. Verificación e reconto de avais.

Unha vez finalice o prazo de recollida e presentación de avais procederase á súa verificación e reconto.

A Comisión Nacional de Ética será a encargada de velar pola validación dos avais. Ao respecto, terase en conta o seguinte:
· Cando unha persoa outorga o seu aval a máis dunha precandidatura, estes serán considerados nulos.
· No caso de que unha persoa avale varias veces ou por formatos distintos a unha mesma precandidatura, estes computaran como un único aval válido.
· Serán considerados nulos todos aqueles avais presentados en modelo distinto do oficial. Isto inclúe:
- Aqueles nos que o nome da precandidatura estea manuscrito.
- Os individuais remitidos por correo electrónico que non se acompañen do modelo oficial.
- Os colectivos que non estean correctamente cumprimentados.
· Consideraranse válidos aqueles avais que formando parte dunha folla colectiva reúnan os requisitos establecidos, aínda que nesa mesma folla un ou varios dos avais expresados sexan nulos.

2.6. Proclamación de candidaturas.

Unha vez se verifiquen e reconten os avais presentados, a Comisión Comisión Nacional de Ética realizará a proclamación provisional daquelas candidaturas que conseguisen o número mínimo de avais requirido e cumpran o resto de requisitos regulamentarios esixidos.

Contra o acordo de proclamación provisional calquera dos/das aspirantes aspirantes persoados/as no proceso de verificación e reconto poderán interpoñer, no prazo de 24 horas, recurso en primeira instancia diante da Comisión Nacional de Ética nos termos regulamentarios establecidos, non sendo recorribles feitos, acordos ou decisións que non sexan determinantes na proclamación de calquera precandidatura.

Caberá recurso en segunda instancia diante da Comisión Federal de Ética e Garantías, a presentar en 24 horas desde a recepción da correspondente resolución.

Transcorrido o prazo de recursos, a Comisión Nacional de Ética e Garantías procederá á proclamación definitiva de candidaturas.

3. CAMPAÑA DE INFORMACIÓN INTERNA

3.1. Principios xerais.

No caso de que resultasen proclamadas dúas ou máis candidaturas, entre o día 7 de decembro e a xornada de votación, estas poderán realiza-los seus actos de campaña interna.

Durante a campaña de información interna, os/as candidatos/as terán que manter en todo momento un comportamento adecuado cos principios que inspiran a nosa organización.

Sen prexuízo da individualidade da campaña de cada candidatura, todos os actos e accións que as candidaturas realicen durante a campaña de información, deberán respectar e garantir uns criterios básicos de unidade de imaxe corporativa do Partido. Estes criterios serán establecidos polo Comité Organizador, baixo a supervisión da Comisión Nacional de Ética.

As candidaturas están obrigadas a respectar a normativa interna do partido, as presentes Bases e as instrucións que dite o a Comisión Nacional de Ética e/ou o Comité Organizador para o desenvolvemento da elección da Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE.

3.2. Medios e recursos a disposición das candidaturas.

Ás candidaturas, unha vez proclamadas, facilitaráselles en igualdade de condicións, o acceso aos seguintes medios e recursos:
a) Un espazo físico cedido polo PSdeG-PSOE que sirva como oficina-despacho da candidatura.
b) Dirixirse, unha única vez, á militancia con cargo aos fondos do Partido, mediante envíos de propaganda, dentro dun criterio de austeridade e emprego racional dos medios comúns.
c) Comunicacións por correo electrónico ás persoas que conforman o censo electoral e ás agrupacións do PSdeG-PSOE dentro dos límites que estableza a Comisión Nacional de Ética.

3.3. Debates.

As candidaturas poderán celebrar debates entre si, nos termos que se establezan, previa autorización e comunicación á Comisión Nacional de Ética e ao Comité Organizador.

3.4. Financiamento das candidaturas.

As candidaturas realizarán as súas campañas de información atendendo aos principios de austeridade, responsabilidade e transparencia, estando en todo momento sometidas ao control da Comisión Nacional de Ética, que establecerá as condicións e limitacións para o financiamento das campañas das candidaturas e os mecanismos para garantir a súa transparencia.

En todo caso, as campañas de captación de fondos, en calquera das súas formas, canalizaranse a través dos mecanismos postos a disposición das candidaturas pola Xerencia do PSdeG-PSOE que garantirá o cumprimento da Lei de Financiamento de Partidos Políticos.

O PSdeG-PSOE poderá contribuír economicamente cos gastos ocasionados polos actos da campaña de información que se realicen no proceso electoral para elixir á persoa que asumirá a Secretaría Xeral da Comisión Executiva Provincial. No caso de que se habilite unha cantidade, esta repartirase a partes iguais entre aquelas candidaturas que resultasen formalmente proclamadas.

En ningún caso se poderán realizar campañas de imaxe ou publicidade pagadas ou sometidas a algún tipo de contraprestación, estando prohibidas as doazóns anónimas ás candidaturas.

4. VOTACIÓN PARA A ELECCIÓN DA SECRETARÍA XERAL

4.1. Censo electoral para a elección directa da Secretaría Xeral.

A listaxe de votación para a elección da persoa que ocupará a Secretaría Xeral da Comisión Executiva Provincial estará conformado polo conxunto do corpo electoral.

O censo de votación para a elección da Secretaría Xeral será remitido ós centros de votación tres días antes da xornada de votación.

4.2. Centros de votación.

Con carácter xeral o centro de votación será a Agrupación Municipal á que se pertence por razón de militancia.

Os militantes das agrupacións cun censo inferior a 10 votantes exercerán o seu dereito ao voto na agrupación con máis de 10 votantes máis próxima. Non obstante, a Comisión Xestora Provincial poderá agrupar, aos meros efectos da votación, a varias destas agrupacións, respectando o criterio de proximidade xeográfica, e designar unha delas como centro de votación.

A Comisión Xestora Provincial comunicará ao Comité Organizador aquelas agrupacións que serán centro de votación así como aquelas que se unifican neles.

Será designado responsable de cada centro de votación a persoa titular da secretaría de organización da Agrupación Municipal que sexa centro de votación ou quen sexa designado pola Comisión Executiva Municipal para ese cometido.

4.3. Mesas electorais.

As Mesas Electorais estarán formadas por unha presidencia e dúas vogalías. Os seus membros serán elixidos mediante sorteo entre a militancia da Agrupación que sexa centro electoral, a celebrar pola respectiva Comisión Executiva, polo menos, 5 días antes da xornada de votación, tendo que comunicar ao Comité Organizador, os seguintes datos: Mesa electoral, nome e apelidos, DNI, teléfono móbil e correo electrónico.

No devandito sorteo deberán elixirse, ademais dos tres membros titulares da Mesa electoral, un suplente para cada un deles.

Con todo, habilítase á Secretaría de Organización ou a persoa designada pola Comisión Executiva Municipal do correspondente centro electoral a tomar as medidas necesarias para que haxa unha Mesa Electoral formada ao comezo do horario de votación.

4.4. Apoderados.

Cada candidatura poderá acreditar como apoderados a militantes con dereito de sufraxio activo. Non poderán desempeñar a súa función simultaneamente máis de dous apoderados por centro de votación. Os apoderados exercen o seu dereito ao voto na Mesa Electoral na que están censados.

O prazo apoderados finalizará 5 días antes da xornada de votación.

4.5. Xornada de votación.

A votación terá lugar o día 17 de decembro de 2017. As primarias celebraranse polo sistema de dobre volta. Na primeira volta, resultará elixido/a Secretario Xeral o candidato/a que obteña máis do 50% dos votos válidos.

Se houbera máis de dúas candidaturas proclamadas e ningunha obtivese máis do 50% dos votos válidos na primeira volta, pasarán á segunda volta as dúas candidaturas que obteñan o maior número de votos, na que resultará elixido/a Secretario/a Xeral o candidato/a que obteña maior número de votos. Neste segundo caso a segunda volta celebrarse o día 30 de decembro de 2017.

Con carácter xeral, o horario de votación será ininterrompido de 10.00h a 20.00h.

Excepcionalmente, para aqueles centros electorais con menos de 100 votantes, poderá habilitarse un horario reducido de votación que deberá ser dun mínimo de 4 horas. En todo caso, o horario de votación será establecido na convocatoria correspondente ao centro electoral, que será preferentemente pola tarde.

Para exerce-lo dereito a sufraxio activo, o/a elector/a deberá acreditar a súa identidade ante a Mesa Electoral mediante a presentación do DNI, pasaporte ou carné de conducir. A Comisión Executiva correspondente a cada centro de votación articulará os medios oportunos para contar con un lugar ou estancia que garanta a preparación e o exercicio do voto polo electorado en segredo.

O voto constará de papeleta e sobre. A Comisión Nacional de Ética aprobará os modelos oficiais de papeletas e sobre para a elección da Secretaría Xeral da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE.

O Comité Organizador,facilitará o material de votación que constará de censo, urna, papeletas de votación, sobres, modelo de acta de constitución, sesión e escrutinio.

4.6. Peche da votación e escrutinio.

Unha vez finalizada a xornada de votación procederase ao escrutinio dos votos. O escrutinio levarase a cabo polos membros da Mesa Electoral, que cumprimentará a acta cos resultados, e da que se facilitará unha copia aos representantes das candidaturas que así o soliciten.

Na acta reflectiranse, ademais dos resultados, as incidencias e as protestas dos representantes das candidaturas, achegando coa mesma os votos nulos e os votos reclamados ou impugnados.

A documentación correspondente deberá facerse chegar o máis axiña posible á Comisión Nacional de Ética, á sede Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, nun prazo máximo de 48 horas.

Os resultados comunicaranse de xeito inmediato a través dos medios establecidos polo Comité Organizador Provincial do proceso.

4.7. Votos válidos, nulos e en branco.

Ós efectos do reconto de votos, terase en conta o seguinte:
· Consideraranse votos en branco o emitido en sobre sen papeleta.
· Considerásense votos nulos:
- Os emitidos con sobres ou papeletas diferentes dos oficiais.
- Os emitidos sen sobre.
- Os Sobres que conteñan papeletas de diferentes candidaturas.
- Aqueles nos que, no sobre ou na papeleta, se realizaron inscricións, salvo aquelas que, pola súa entidade, non xeren dúbidas sobre a vontade do elector.
· Considerarase un único voto válido o sobre que conteña varias papeletas da mesma candidatura.

4.8. Proclamación de resultados.

Recibidos os datos do escrutinio das Mesas Electorais, a Comisión Nacional de Ética proclamará o resultado provisional da elección.

Contra o resultado provisional as candidaturas poderán interpoñer en primeira instancia recursos ante a Comisión Nacional de Ética e Garantías no prazo prazo de 24 horas desde o final do acto de votación. Esta resolverá en 24 horas desde a súa presentación. Caberá recurso, en segunda instancia, diante da Comisión Federal de Ética e Garantías, a presentar en 24 horas desde a resolución en primeira instancia. A Comisión Federal de Ética e Garantías terá 24 horas para resolver.

A Comisión Nacional de Ética, unha vez resoltos os posibles recursos.

4.9. SEGUNDA VOLTA

Se houbera máis de dúas candidaturas proclamadas e ningunha obtivese máis do 50% dos votos válidos na primeira volta, pasarán á segunda volta as dúas candidaturas que obteñan o maior número de votos, na que resultará elixido/a Secretario/a Xeral o candidato/a que obteña maior número de votos. Neste segundo caso a segunda volta celebrarse o día 30 de decembro de 2017.

4.9.1. Mesas electorais

As Mesas Electorais estarán formadas por unha presidencia e dúas vogalías. Os seus membros serán elixidos mediante sorteo entre a militancia da Agrupación que sexa centro electoral, a celebrar pola respectiva Comisión Executiva, polo menos, 5 días antes da xornada de votación, tendo que comunicar ao Comité Organizador, os seguintes datos: Mesa electoral, nome e apelidos, DNI, teléfono móbil e correo electrónico.

4.9.2. Apoderados

Cada candidatura poderá acreditar como apoderados a militantes con dereito de sufraxio activo. Non poderán desempeñar a súa función simultaneamente máis de dous apoderados por centro de votación. Os apoderados exercen o seu dereito ao voto na Mesa Electoral na que están censados.

O prazo para a designación de interventores e apoderados finalizará 5 días antes da xornada de votación.

4.9.3. Xornada de votación

Con carácter xeral, o horario de votación será ininterrompido de 10.00h a 20.00h.

Excepcionalmente, para aqueles centros electorais con menos de 100 votantes, poderá habilitarse un horario reducido de votación que deberá ser dun mínimo de 4 horas. En todo caso, o horario de votación será establecido na convocatoria correspondente correspondente ao centro electoral, preferiblemente pola tarde.

Para exerce-lo dereito a sufraxio activo, o/a elector/a deberá acreditar a súa identidade ante a Mesa Electoral mediante a presentación do DNI, pasaporte ou carné de conducir. A Comisión Executiva correspondente a cada centro de votación articulará os medios oportunos para contar con un lugar ou estancia que garanta a preparación e o exercicio do voto polo electorado en segredo.

O voto constará de papeleta e sobre. A Comisión Nacional de Ética aprobará os modelos oficiais de papeletas e sobre para a elección da Secretaría Xeral da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE.

O Comité Organizador,facilitará o material de votación que constará de censo, urna, papeletas de votación, sobres, modelo de acta de constitución, sesión e escrutinio.

4.9.4. Peche da votación e escrutinio

Unha vez finalizada a xornada de votación procederase ao escrutinio dos votos. O escrutinio levarase a cabo polos membros da Mesa Electoral, que cumprimentará a acta cos resultados, e da que se facilitará unha copia aos representantes das candidaturas que así o soliciten.

Na acta reflectiranse, ademais dos resultados, resultados, as incidencias e as protestas dos representantes das candidaturas, achegando coa mesma os votos nulos e os votos reclamados ou impugnados.

A documentación correspondente deberá facerse chegar o máis axiña posible á Comisión Nacional de Ética, á sede da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, nun prazo máximo de 48 horas.

Os resultados comunicaranse de xeito inmediato a través dos medios establecidos polo Comité Organizador Provincial do proceso.

4.9.5. Votos válidos nulos e brancos

Ós efectos do reconto de votos, terase en conta o seguinte:
· Consideraranse votos en branco o emitido en sobre sen papeleta.
· Considerásense votos nulos:
- Os emitidos con sobres ou papeletas diferentes dos oficiais.
- Os emitidos sen sobre.
- Os Sobres que conteñan papeletas de diferentes candidaturas.
- Aqueles nos que, no sobre ou na papeleta, se realizaron inscricións, salvo aquelas que, pola súa entidade, non xeren dúbidas sobre a vontade do elector.
· Considerarase un único voto válido o sobre que conteña varias papeletas da mesma candidatura.

4.9.6. Proclamación de resultados

Recibidos os datos do escrutinio das Mesas Electorais, a Comisión Nacional de Ética proclamará o resultado provisional da elección.

Contra o resultado provisional as candidaturas poderán interpoñer en primeira instancia recursos ante a Comisión Nacional de Ética e Garantías no prazo de 24 horas desde o final do acto de votación. Esta resolverá en 24 horas desde a súa presentación. Caberá recurso, en segunda instancia, diante da Comisión Federal de Ética e Garantías, a presentar en 24 horas desde a resolución en primeira instancia. A Comisión Federal de Ética e Garantías terá 24 horas para resolver.

A Comisión Nacional de Ética, unha vez resoltos os posibles recursos. Proclamará definitivamente os resultados.

DESENVOLVEMENTO DO PROCESO PRECONGRESUAL

O proceso de elección de delegados para o 3º Congreso Ordinario está regulado polos artigos 5.2. dos Estatutos Federais e Nacionais vixentes con anterioridade ao 39º Congreso Federal, e a disposición adicional segunda do Regulamento Federal de Congresos.

O proceso de presentación e debate de emendas ao Relatorio-Marco está regulado nos artigos 33dos Estatutos Federais vixentes con anterioridade ao 39º Congreso Federal, e 69, dos Nacionais, e nos artigos 4, 72 e seguintes do Regulamento Federal de Congresos.

4.10. Asembleas para a elección de delegados e delegadas e debate de emendas

4.10.1. Convocatoria

Co fin de proceder á elección dos delegados e das delegadas que participarán no 3º Congreso Provincial, as Agrupacións Municipais con 5 ou máis militantes celebrarán as Asembleas os días 31-5 de decembro, unha asemblea extraordinaria, que incluirá na súa Orde do Día os seguintes puntos:

1. Constitución da Asemblea e elección de Mesa.
2. Presentación de candidaturas de delegados/as ao 3º Congreso Provincial ordinario.
3. Votación para a elección dos delegados e delegadas ao 3º Congreso Provincial ordinario
4. Debate e votación da xestión dos órganos provinciais
5. Debate e votación de emendas ao relatorio marco.

Os e as militantes que formen parte de Agrupacións que teñan menos de 5 militantes poderán exerce-los seus dereitos na Agrupación que se lle asigne.

4.10.2. Presentación de candidaturas de delegados e delegadas

A Comisión Executiva Municipal que corresponda procederá, no seu caso, á apertura dun prazo para a presentación de candidaturas de delegados e delegadas. Estas deberán ser completas; é dicir, conter tantos membros como postos a cubrir, cerradas e bloqueadas. Así mesmo, as candidaturas presentadas deberán cumpri-lo previsto no artigo 5.2 d) dos Estatutos Federais vixentes con anterioridade ao 39º Congreso Federal, debendo ter igual representación de homes e mulleres ordenados de forma alternativa. Cando o número de integrantes da candidatura sexa impar, a presenza de ambos sexos será o máis axustada o equilibrio numérico, respectándose a orde alternativa entre os candidatos de un e outro sexo.

Con carácter xeral, para poder ser elixido delegado/a haberá que formar parte do corpo electoral.

No caso de que se estableza un prazo de presentación de candidaturas, que finalice antes do comezo da asemblea na que se vai proceder á elección, este deberá reflectirse de forma expresa e clara na convocatoria dirixida á militancia.

Neste caso, a Secretaría de Organización da Agrupación Municipal será a encargada de verificar que as candidaturas presentadas cumpran os requisitos esixidos. No caso de atopar nelas algún defecto que se poida corrixir, deberá comunicarllo de maneira inmediata á candidatura afectada, outorgándolle un prazo para facelo que, en todo caso, finalizará no momento de inicio da celebración da correspondente asemblea.

Cando a Mesa da asemblea aprecie nas candidaturas presentadas a existencia dalgún defecto que se poida reparar, ofreceráselles ás mesmas a posibilidade de facelo, o que deberá de producirse de xeito inmediato na propia asemblea.

4.10.3. Presentación de emendas ao relatorio marco

A militancia, en consonancia con establecido no artigo 69.3 dos Estatutos Nacionais, na asemblea extraordinaria correspondente da Agrupación Municipal poderá presentar proposicións, achegas ou emendas ao relatorio marco que, para ser aprobadas terán que contar cun apoio mínimo do 20% dos e das participantes na mesma.

4.10.4. Envío da acta, fichas de delegados e delegadas e outra documentación

O envío da acta, fichas dos delegados e delegadas, e demais documentación deberá enviarse á sede Provincial, antes do día 10 de xaneiro de 2017. Para as comunicacións relacionadas co 3º Congreso Nacional deberá utilizarse una dirección de correo electrónico
que se habilitará no seu momento.

DESENVOLVEMENTO DO 3º CONGRESO DO PSdeG-PSOE

O 3º Congreso Provincial ordinario desenvólvese de acordo co disposto nas presentes bases de convocatoria, os Estatutos Federais e Nacionais e o Regulamento Federal de Congresos e nos Estatutos provinciais.

4.11. Constitución e apertura.

O 3º Congreso Provincial do PSdeG-PSOE quedará validamente constituído, en primeira convocatoria, cando estean presentes a metade máis unha das delegacións e representada máis da metade da militancia do PSdeG-PSOE.

A Comisión de Credenciais, conformada segundo o previsto no artigo 53 do Regulamento Federal de Congresos, comprobará que a acreditación de delegados/as sexa correcta e, mediante a expedición do correspondente ditame, certificará o número de delegados/as acreditados/as.

4.12. Mesa do Congreso.

Para presidi-lo 3º Congreso Provincial ordinario, mediante votación pública e individual dos delegados/as, elixirase unha Mesa composta por un Presidente/a, un Vicepresidente/a, dous/dúas Secretarios/as de Actas e un Secretario/a de Notas

A Mesa terá por misión dirixi-los debates, fixar a orde das deliberacións do Congreso e facer cumprir as disposicións do Regulamento de Congresos, interpretándoo e suplíndoo nos casos de dúbida ou omisión.

4.13. Comisións de traballo. Debate e votación de emendas.

No Congreso estableceranse pola Mesa as Comisións de traballo que debaterán os correspondentes relatorios.

As comisións quedarán constituídas polos delegados/as inscritos, podendo participar con voz pero sen voto os membros da Comisión Xestora Provincial.

Para cada Comisión, de entre os seus delegados/as inscritos, elixirase unha Mesa para dirixir e modera-los debates que examinarán o Relatorio correspondente así como as proposicións e emendas aprobadas. O debate finalizará coa elaboración dun ditame. A Comisión elixirá de entre os delegados e delegadas que formen parte da mesma a persoa que defenderá o ditame no Pleno do Congreso.

Aqueles delegados/as que non estean de acordo co ditame da Comisión poderán manter para o seu debate en Plenario, de entre as emendas presentadas, aquelas que consideren oportunas e que obtivesen, polo menos, o voto do 20 % dos delegados/as inscritos na Comisión.

4.14. Debates en Plenario. Aprobación das Resolucións do Congreso.

O debate no Pleno comezará coa lectura do ditame da Comisión e das emendas totais ou parciais ao mesmo. Lido o ditame e as emendas, pasarase inmediatamente ao debate das mesmas.

Finalizado o debate sobre o ditame da Comisión, a Presidencia someterao a votación consignándose na acta do Congreso o resultado da mesma.

4.15. Procedemento electoral congresual

Para os procedementos electorais que se desenvolven no Congreso elixirase, mediante voto individual e público dos delegados/as, unha Comisión Electoral composta por cinco membros que se responsabilizará da recepción das candidaturas así como do acto de votación e escrutinio posterior.

Chegado o punto da orde do día e durante o prazo establecido faranse chegar á Comisión Electoral do Congreso as propostas de candidaturas de acordo ao establecido na normativa que resulte de aplicación.

A Mesa do Congreso dispoñerá as urnas, papeletas e sobres de votación, hora e lugar de votación. As papeletas de votación serán destruídas despois de proclamados publicamente os resultados.

O reconto será feito público pola Mesa do Congreso antes do acto de clausura.

5. DISPOSICIÓN ADICIONAL

En ausencia de normativa interna, naquelas cuestións que afecten ao proceso de elección da Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE (Mesas electorais, apoderados, escrutinio, etc.) terase como referencia o disposto na LOREG, sendo sempre de obrigado cumprimento as instrucións, acordos e resolucións que sobre o desenrolo do proceso electoral adopten a Comisión Nacional de Ética e o
Comité Organizador Provincial.

Unha Xestora dirixirá a Agrupación Provincial ata o seu IIIº Congreso

14/11/2017
By

A Comisión Executiva Nacional do PSdeG vén de substituir á súa homóloga na nosa provincia por unha Comisión Xestora, que dirixirá provisionalmente a nosa Agrupación Provincial ata que finalice o proceso congresual que se está a desenvolver na mesma.

A Xestora, que xa celebrou a súa primeira xuntanza, está presidida polo deputado provincial e alcalde de Petín, Miguel Bautista Carballo, e integrada tamén por Elvira Lama Fernández (deputada provincial e voceira socialista no Concello de Xinzo), Pablo López Vidal (Secretario de Organización da Agrupación Municipal da cidade), José Antonio Corral Álvarez (2º tenente-alcalde de Coles) e Concepción García Lozano (concelleira na cidade).

Convocado o noso IIIº Congreso e as primeiras Primarias provinciais

11/11/2017
By

nuevo-2

O Comité Provincial do PSdeG de Ourense, máximo órgano entre congresos, vén de aproba-la convocatoria do IIIº Congreso desta Agrupación Provincial, para o vindeiro 20 de xaneiro, precedido das primeiras eleccións Primarias que se celebrarán para a elección dun/ha Secretario/a Xeral Provincial do Partido Socialista en Ourense, que o serán a dúas voltas. As previsións do proceso son as seguintes:

As pre-candidaturas de militantes a Secretario/a Xeral poderán ser presentadas dende o día 15 ata as 12:00h. do día 16 deste mes de novembro.

Os/As pre-candidatos/as poderán recoller e presentar avais entre o 18 de novembro e as 12:00h. do 1 de decembro. Serán aceptados/as como candidatos/as os/as militantes que presenten un número de avais igual ou superior ao 3% do censo, e inferior ao 6%.

Os/As candidatos/as proclamados/as poderán desenvolver cadansúa campaña informativa entre os días 7 e 16 de decembro.

O domingo 17 de decembro celebrarase a votación da primeira volta das Primarias. Só no caso de que, nesa votación, ningún/a candidato/a obtivese máis da metade dos votos emitidos, se celebraría unha segunda volta, o sábado 30 de decembro.

As Agrupacións Municipais celebrarán, entre o 31 de decembro e o 4 de xaneiro, cadansúas asembleas para o debate da Ponencia-marco e a elección de delegados/as ao Congreso.

No Comité Provincial tamén foron designados os membros do Comité Organizador e da Comisión de Credenciais, do Congreso. O primeiro está integrado polos compañeiros Susana Rodríguez Rodríguez (Tenente-alcalde de Coles e deputada provincial), Adolfo González Novoa (concelleiro de Amoeiro e deputado provincial), María Jesús López Carrasco (nosa voceira no Concello de San Amaro) e Andrés Gómez Cachaldora (membro do Comité Provincial saínte representando á Agrupación Municipal da cidade); mentres que a Comisión de Credenciais está integrada polos militantes Erika Paz Rodríguez e Pablo Gómez Dobarrio.

O PSOE denuncia que o goberno de Xinzo atrasa o urxente pleno sobre a tala masiva de árbores escudándose nunha obra innecesaria adxudicada a dedo a unha empresa do entorno do PP

04/05/2017
By

A voceira do PSdeG-PSOE, Elvira Lamadestaca que o debate sobre a reforma da avenida de Celanova “sí que é urxente e necesario porque ten a meirande parte da vila en pé”

 A moción conxunta impulsada por toda a oposición municipal esixe ó grupo de goberno que se posicione en contra da tala indiscriminada de árbores, debido á alarma social xerada

 reforma pleno xinzo

Proxecto da innecesaria reforma do salón de plenos de Xinzo

 

Ourense, 3 de maio de 2017. O goberno local de Xinzo de Limia aproveita unha obra totalmente innecesaria para porse de lado ante as clamorosas demandas dos veciños e veciñas da vila ó atrasar o urxente e necesario debate sobre o vergoñento proxecto arboricida que o PP pretende executar na avenida de Celanova. E o fai escudándose nunha obra –a reforma do salón de plenos da Casa do Concello– que, para colmo, adxudicou a dedo por mais de 38.000 euros a unha empresa do entorno do PP.

Os populares están encaprichados coa tala masiva a pesar de que a meirande parte dos veciños e veciñas da vila reclaman unha reforma que non afecte dunha forma tan perxudicial ó patrimonio natural mais relevante do concello. Sen embargo, o perentorio debate da moción conxunta presentada pola oposición, na que lle esixen ao grupo de goberno que se posicione en contra da tala indiscriminada, está a ser atrasado deliberadamente porque o goberno local inutilizou o salón de plenos cunhas obras de reforma innecesarias, que foron adxudicadas por 38.187 € mediante un procedemento negociado sen publicidade –e dicir, a dedo– á empresa ‘Anquín Torre SL’, do entorno do PP. Unha vez mais, todo queda na casa.

O pasado 27 de abril celebrouse un pleno extraordinario e urxente, na sala na que se convocan habitualmente as comisións, no que unicamente se tratou o plan económico-financieiro pola desviación da regra de gasto de 2016, xa que a alcaldía se negou a introducir na orde do día a moción sobre tala, que aínda non ten data para o seu debate. Mentres, a Xunta segue a traballar con presa e sen pausa para materializar o atentado contra o patrimonio natural.

voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo, Elvira Lama, destaca que o debate sobre a reforma da avenida de Celanova “sí que é urxente e necesario porque ten a meirande parte da vila en pé mentres que o salón de plenos foi remodelado hai 14 ou 15 anos con madeira nobre e na actualidade non precisa de cambio algún porque está en perfectas condicións”. “A vila volveu perder habitantes e nas próximas eleccións locais imos pasar de 17 a 13 concelleiros, así que non se necesita unha maior bancada para a corporación municipal, que é do que fundamentalmente trata a reforma do salón de plenos”, asegura.

Lama cree que “hai intereses escuros do alcalde” para atrasar o debate sobre un arboricidio que ninguén quere salvo o PP. “O alcalde desenténdese porque non a vai pagar pero está claro que el tivo que reclamar esa obra á Xunta de Galicia”, asevera. A concelleira e deputada provincial reclama o debate inmediato da moción conxunta presentada por todos os grupos da oposición, na que se esixe ó grupo de goberno que se posicione en contra da tala indiscriminada de árbores, debido á alarma social xerada.

A iniciativa que o goberno local quere evitar sinala que o proxecto de remodelación impulsado directamente pola consellería contempla a tala de 56 árbores, o que “a todas luces supón un atentado contra a humanización do entorno e contra o patrimonio común”. Lama insiste en que “non se trata de paralizar a remodelación, xa que dende os socialistas non estamos en contra de que se acometa esta reforma necesaria mais si que nos opoñemos a que a obra se a faga a costa de atacar sen sentido o medio natural mais singular”.

 

 

 

Os compañeiros d´O Bolo denuncian que o alcalde usa maquinaría da Deputación para estender compost polos seus viñedos

03/05/2017
By

 

O alcalde aproveita a compostaxe provinte dunha limpeza de cunetas para aboar as súas cepas, axudado por un camión e unha pala da institución provincial

 Os socialistas reclaman que tamén mande retirar os escombros da obra municipal que se verteron na cuneta da estrada que vai aos Lentellais

WhatsApp Image 2017-05-02 at 14.02.56

 Ourense, 4 de maio de 2017. Segundo denuncian os socialistas, o Alcalde do Bolo, Manuel Corzo, segue a dar sobradas mostras do seu uso personalista do poder. Pese a que os e as veciños-as do Bolo xa están maís que acostumados aos seus desmáns, desta volta, parece superarse a si mesmo ao usar recursos de todos en beneficio propio. Tal como relata o portavoz do PSOE no concello, Juan Ferreira,”hai cousa de dous meses que o alcalde mandou limpar unhas cunetas nalgúns pobos, por suposto, os da súa escolla; para, a continuación, deixar a terra amontoada na propia cuneta. Co paso do tempo, esta terra retirada, chea de nutrientes, converteuse en compostaxe natural”. Pese a que este feito xa é suficientemente escandaloso, posto que non se remata o comezado e, ademais, faise unha limpeza selectiva; o que veu despois raia o esperpento. Unha vez que a calidade da compostaxe era a desexada, unha pala e un camión da Deputación de Ourense, chegaron para recoller e cargar esta terra e levala cara a unhas propiedades do propio alcalde do Bolo. Máis tarde, os socialistas puideron comprobar, con total asombro, como a mesma pala procedeu a estender a compostaxe, con sumo coidado, entre os viñedos propiedade de Manuel Corzo.

É dicir, o rexedor do municipio, coa connivencia da institución provincial, emprega recursos de todos e todas para aproveitar restos dunha limpeza selectiva e mellorar os seus propios cultivos. O alcalde imputado nin sequera agochou as súas intencións e procedeu co “aproveitamento” á vista de calquera, tal o testemuñan as imaxes. Á restra de feitos denunciables e de dubidosa ética política cos que Manuel Corzo adorna a súa xestión, hai que sumar este uso impropio dos recursos provinciais para o que fixo gala dunha boa previsión en beneficio das súas cepas.

Sen embargo, o alcalde ten conciencia medioambiental cando se trata das súas propiedades pero non estende este pensamento verde á súa xestión pública. Nestes días estase a facer unha obra no centro do Bolo  e os escombros de dita intervención estanse vertendo na marxe dereita da estrada que une O Bolo co cruce dos Lentellais. Todo isto, segundo denuncian dende o PSOE, conta co permiso expreso de Manuel Corzo, aínda alcalde do municipio, quen está a converter un bo tramo de estrada nunha escombreira. Tal como indica Juan Ferreira: “agardamos que nese afán que ten o sr. Alcalde por aproveitar todos os residuos, teña a ben, tamén, levar para os seus viñedos ou para as súas propiedades, todo o lixo que alí se está depositando e non teñamos que tratar del entre todos os veciños”.

Os socialistas que xa van varias veces que se denuncia publicamente o pouco apego do alcalde polo ben común, destacando a súa negativa a arranxar o saneamento e acabar cun verquido, por unha manifesta animadversión cara aos veciños dese barrio. É de sobra coñecido como desgoberna o alcalde popular do Bolo, a golpe de preferencias e intereses persoais .

 

Os socialistas d’O Bolo lamentan que a Festa da Vitela non sirva para a promoción do traballo dos produtores de carne, e consideran que, tendo en conta o desleixo do alcalde na xestión de servizos aos veciños, dita “paparota” constitúe un dispendio que agrava a “calamitosa” situación económica do Concello

17/04/2017
By

Ademáis, os compañeiros sumaranse aos doutros concellos da provincia ao propoñeren ao pleno do seu Concello o establecemento dunha taxa ás empresas enerxéticas, o que contribuiría a mellorar ditas contas municipais

Como vén sendo habitual no Concello do Bolo, a celebración dunha nova edición da Festa da Vitela xera polémica polo dispendio que realiza o goberno do señor Corzo, en detrimento dos numerosos servizos que ten sen atender no municipio. Os socialistas, como veñen denunciando dende hai anos, lembran que esta festa está mal enfocada, sen que haxa unha proxección do labor que realizan os produtores de carne da zona e só se fai un festín que serve para maior gloria do alcalde e dos seus convidados. A pesar da fixación dun prezo público, o Grupo Municipal Socialista do Bolo ten demostrado, con datos obxectivos, o buraco negro que supón para as arcas municipais a fastuosa celebración deste evento nos termos nos que se realiza actualmente. O equipo de goberno do PP, con Manuel Corzo á cabeza, “está máis preocupado por quedar ben cos seus convidados ilustres que por atender servizos moi necesarios para os veciños e veciñas do Bolo”. O portavoz socialista no municipio, Juan Ferreira, considera que “mentres estas persoas celebran unha paparota por todo o alto, o pobo ten as fosas sépticas sen saneamento, cun alcalde que se desentende e despreza as demandas dos veciños e veciñas. A situación de desleixo e mala xestión é indignante e só lle dan pulo a proxectos que producen un desaxuste nas contas”.

Tendo en conta a calamitosa situación económica na que está o concello, o propio sería que o PP se preocupase por “procurar novas fontes de financiamento no canto de promocionar dispendios a conta dos cartos de todos e todas”. Xa que Manuel Corzo e o seu equipo son incapaces de xerar novos ingresos cos que atender todos os servizos, son os socialistas quen propoñen novas medidas que permitan aumentar a recadación.

O Grupo Municipal Socialista vén de presentar unha moción para que se estableza unha ordenanza reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público local, por parte das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos. A iniciativa, que foi lanzada polo Partido Socialista a nivel provincial, parte das recentes sentenzas do Tribunal Supremo que afectan á situación das empresas que xestionan as redes de transporte de electricidade, gas, auga e hidrocarburo. Dado o especial aproveitamento que estas compañías fan, no que hai un afán de lucro polo servizo que ofertan, o Tribunal Supremo veu a ratificar o dereito das entidades locais a gravar o uso dun espazo que é de dominio público.

Tendo en conta, ademais, a situación de crise no financiamento dos concellos e a especial atención que deben por para cumprir co seu teito de gasto, a opción de establecer taxas a estas compañías, resulta de interese á hora de captar ingresos locais. Neste senso, os socialistas do Bolo instan ao equipo de goberno para que adopte esta medida e aumente a súa capacidade recadatoria. A este respecto, o portavoz socialista no Bolo, Juan Ferreira, afirma que “esperamos que o alcalde considere esta opción, a pesares da súa animadversión a todo o que veña dos socialistas, e pense no ben común por riba do seu propio interese ou o do seu partido. O establecemento dunha ordenanza reguladora destas taxas dirixidas a unhas empresas que reciben un claro beneficio polo uso dese dominio público, revertería no beneficio de todos os veciños e veciñas que, a día de hoxe, reciben uns servizos municipais deficitarios ou a súa ausencia”.

 

 

O PSdeG-PSOE d´O Bolo denuncia a desidia do alcalde do PP á hora de manter en óptimas condicións as vivendas de alugueiro social propiedade do concello

07/04/2017
By

O goberno do PP négase a manter as vivendas nunhas condicións dignas pese a contar con 23.000 euros nos orzamentos anuais para este propósito

 Os socialistas fanse eco das constantes queixas veciñais e van demandar información actualizada sobre a situación dos pisos no vindeiro pleno municipal

 

Ourense, 5 de abril de 2017. O Grupo Municipal Socialista no concello de O Bolo quere denunciar unha nova deixadez de funcións do goberno presidido polo popular Manuel Corzo. Nesta ocasión, os socialistas, fanse eco das queixas veciñais a respecto das vivendas de alugueiro social de titularidade municipal e, polo tanto, responsabilidade do concello. Os veciños e veciñas destas catro vivendas teñen que padecer a falta absoluta de mantemento e remodelación dos seus pisos mentres observan como os cartos destinados a patrimonio municipal nunca se emprega para mellorar as súas condicións. Juan Ferreira, portavoz socialista no Bolo, así o afirma: “Cada ano, o concello, destina uns 23.000 euros nos orzamentos municipais ao mantemento das propiedades de titularidade municipal (entre elas o castelo e varias vivendas) e levamos tempo observando que nunca se usan para mellorar, remodelar e manter estas vivendas de alugueiro social. Os veciños están abandonados á súa sorte”.

O deplorable estado destes pisos é doado de comprobar, denuncian dende o PSOE, sendo habituais os desconchóns en portas e paredes, a falta dunha man de pintura, as tubaxes á vista e sen rematar e instalacións obsoletas. A situación fai que vivir nestas vivendas sexa unha tarefa ardua, á que hai que sumar os numerosos meses que tiveron que agardar a que se baleirase o faiado e se procedera á súa limpeza. Para os veciños e veciñas non cabe dúbida que é, unicamente, responsabilidade do concello do Bolo e do seu alcalde termar destas vivendas e manter unhas mínimas condicións de habitabilidade que, hoxe por hoxe, non existen.

Fartos de agardar por un mantemento que nunca chega, tanto no que respecta á pintura como ás propias instalacións eléctricas, varios destes veciños e veciñas puxéronse en contacto con Juan Ferreira para amosar a súa preocupación e pedirlle que puxera o caso en coñecemento da opinión pública co obxectivo de que o alcalde faga caso das súas demandas.

Pola súa banda, o PSOE pretende preguntar no vindeiro pleno pola situación actual destas vivendas que foron postas en marcha, no seu día, para uso de diversos funcionarios e que hoxe serven para darlle unha solución habitacional a persoas con rendas baixas.  O PSOE esíxelle ao goberno do PP que deixe de facer da mala xestión a súa sinal de identidade e atenda ás súas responsabilidades. Para este vindeiro exercicio, recalcan os socialistas, debería consignarse unha partida específica para atender o mantemento destas vivendas ou, alomenos, empregar parte dos 23.000 euros e procurar que a xente teña unhas condicións de vida dignas.

A oposición de Xinzo esíxelle unanimemente ao alcalde que se posicione en contra da tala indiscriminada de árbores na Avenida de Celanova

05/04/2017
By

O PSdeG-PSOE, o grupo mixto-BNG e Xinzo Adiante (XA) veñen de rexistrar unha moción para que o goberno local rectifique un proxecto que contempla a destrucción de 56 árbores

A voceira e deputada socialista, Elvira Lama, recalca que a remodelación da avenida non é incompatible coa protección medioambiental e patrimonial do entorno

REGISTRO MOCION CONJUNTA XINZO

 Ourense, 4 de abril de 2017. O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia vén de rexistrar un moción conxunta, cos grupos municipais de Xinzo Adiante (XA) e o BNG, na que lle esixen ao grupo de goberno que se posicione en contra da tala indiscriminada de árbores prevista na reforma da avenida de Celanova. Debido á alarma social xerada, da que xa se fixeron eco os socialistas hai días, os grupos da oposición presentan esta iniciativa destinada a rectificar o que consideran unha “agresión medioambiental sen precedentes”. No texto da iniciativa sinalan que o proxecto de remodelación da consellería contempla a tala de 56 árbores, o que “a todas luces supón un atentado contra o que chamamos humanización do entorno e contra o patrimonio común”.

portavoz socialista no pleno municipal de Xinzo, Elvira Lama, asegura que “non se trata de paralizar a remodelación da avenida, xa que non estamos en contra de que se acometa esta reforma, moi necesaria, e que se dote á vía de mellores servizos de abastecemento, saneamento, beirarrúas e unha nova pavimentación, pero si que nos opoñemos a que a obra se a faga a costa do noso medio natural mais señeiro”. Como sinala a moción, o proxecto de remodelación non ten porque contemplar a tala indiscriminada dunhas árbores que serven de barreira acústica, de filtros do ar contaminado e de barreira de seguridade natural. Os grupos da oposición esixen que “se rectifique nesta proposta e se contemple unha reforma da avenida sen acabar coa herdanza dos devanceiros”. “As árbores da avenida de Celanova foron prantadas para perdurar no tempo e non se atopa xustificación a rematar con esa planificación despois de case un século”, recordan.

As agresións ao medio ambiente son sempre inxustificadas pero no caso de Xinzo acada unhas “dimensións tráxicas”, posto que se trata dun concello devastado forestalmente pola concentración parcelaria ao redor da vila. Sendo conscientes desta situación, dende o PSdeG-PSOE non entenden como o goberno do PP acepta, sen cuestionar, un proxecto necesario que, sen embargo, plantexado así “atenta contra os intereses do pobo”. Por todo isto, os grupos da oposición esíxenlle unánimemente ó alcalde que faga uso da responsabilidade adquirida e “inicie as accións oportunas para que a consellería reforme o proxecto de mellora e acondicionamento da avenida, mantendo as árbores tal e como se atopan na actualidade”.

Os socialistas consideran que todos os grupos políticos lle deben, cando menos, “respecto e compromiso polo entorno” e, sobre todo, “garantir o dereito dos veciños e veciñas de Xinzo a contar cuns servizos humanizados e sostibles”. Sinalan a grande “incongruencia” do goberno de Xinzo xa que asina plans de concello sostible e, o mesmo tempo, é incapaz de frear un auténtico arborecidio. “O goberno presidido por Antonio Pérez ten a oportunidade de rectificar no vindeiro pleno do 27 de abril, mesmo antes, nas comisións que deben informar sobre a cuestión”, aseguran os socialistas de Xinzo. Elvira Lama recorda que “de non ser pola mobilización popular e polo noso labor á hora de solicitar o  polémico proxecto, estou convencida de que o alcalde e o seu equipo seguirían adiante con este atentado medioambiental, sen estudar posibles alternativas. Agora cómpre ver de lado de quen están, ou da veciñanza ou do que lles ordenan dende a Xunta”.

 

 

O PSdeG-PSOE de Maceda consegue aprobar no Pleno local varias das súas propostas en materia social fronte a parálise gubernamental do PP

04/04/2017
By

Os socialistas logran que o alcalde popular se comprometa a convocar axudas para material escolar para axudar aos pais e nais dos nenos e nenas de entre 3 e 6 anos

Despois da importante alarma social xerada entre os veciños e veciñas, o grupo municipal socialista sacou adiante a iniciativa que eliminará o verquido de augas residuais en Casasoá

 

Ourense, 3 de abril de 2017. Tal como denunciaran os socialistas, o Concello de Maceda vive nun estado de “parálise permanente por culpa da deixadez do goberno do Partido Popular”. A pesares de gravar aos veciños e veciñas con numerosas taxas, o grupo de goberno é incapaz de sacar adiante uns orzamentos ou de presentar iniciativas nun concello que levaba catro meses sen celebrar un pleno. Sen embargo, os socialistas de Maceda entenden que, máis aló de denunciar a desidia, teñen que sacar adiante propostas que revertan no ben común da veciñanza e avanzar na consecución de servizos e recursos. Desta volta, o PSOE conseguiu no pleno que se aprobase unha das iniciativas polas que levan máis tempo pelexando: a das axudas para adquirir material escolar para o alumnado do ensino infantil (3 a 6 anos).

Esta proposta ten como fin ofrecer aos pais e nais unha axuda para afrontar os numerosos gastos que xera a etapa escolar e afondar no asentamento poboacional mediante a oferta de apoios por parte do propio concello. Xa hai abondo tempo que a portavoz socialista, Ana María Rodríguez, pon o acento en denunciar a falta de axudas e recursos á conciliación das familias e a ausencia de incentivos para que a xente quede a vivir en Maceda.

Por outra parte, o PSOE tamén conseguiu a unanimidade da corporación para solucionar un dos temas que máis alarma social leva causado nos últimos tempos: o verquido de augas residuais en Casasoá. Mediante este acordo impulsado polos socialistas, vaise lograr que se depuren estas augas e se deixe de atentar contra a salubridade e o medio ambiente do lugar, algo que tiña moi  preocupada á veciñanza. Pola súa banda, Rodríguez iniciou unha campaña informativa no pobo, anunciando o acordo e contactos con diversos veciños e veciñas coa fin de que, entre todos, non se baixe a garda e o proxecto sexa unha realidade, tantas veces reclamada.

Outro dos temas que conseguiron a aprobación e o compromiso do alcalde, grazas de novo a unha proposta socialista, foi a cuestión do reforzo e dragaxe da ponte sobre o río en Vilar. “Hoxe por hoxe xa sabemos que existen diversos informes, entre eles o da Confederación Hidrográfica, que indican a falta de seguridade da ponte e a necesidade do seu reforzo, así como que é competencia municipal executar esa reparación. Só agardamos que o Alcalde non se bote atrás no acordo acadado e que acometa con valentía este proxecto que pode garantir a seguridade de toda a veciñanza da zona”, afirma Ana María Rodríguez. Dende o PSOE aclaran que están “cansos de agardar a que o grupo de goberno acometa os acordos alcanzados e non van dubidar en voltar levar a pleno todas as cuestións que comprometan a seguridade dos veciños e  veciñas, coma neste caso ou que supoñan unha mellora para a cidadanía”.

Noutra orde de cousas, recalcan dende o PSOE de Maceda, as “incongruencias manifestas dun alcalde que non se aclara nin co seu propio partido”. O xoves, os socialistas levaron para a súa aprobación en sesión plenaria, a moción pola que se insta a redactar unha ordenanza sobre a taxa que grave o uso do dominio público por parte das compañías enerxéticas, entre outras, nembargante a iniciativa foi rexeitada. Cal non foi  a súa sorpresa cando, no día a seguir, se aproba na Deputación de Ourense unha proposta similar, por unanimidade dos grupos. Os socialistas van voltar a retomar esta cuestión para que o Partido Popular de Maceda aclare “se está en sintonía co que se aproba na institución provincial e que reclama a maioría ou se defende os intereses das compañías privadas”. Como xa denunciaron en varias ocasións, dende o PSOE de Maceda, o goberno local “perde moitas ocasións para porse de lado da veciñanza e defender os seus intereses”.